Sinan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Mocidade: Xiísmo
Sen resumo de edición
Liña 6:
== Traxectoria ==
=== Mocidade ===
'''Mimar Koca Sinan''', naceu o [[15 de abril]] de [[1489]] na aldea de Ağırnas, preto da cidade de [[Kayseri]] (''Cesarea''), en [[Anatolia]], nunha familia cristiá greco-ortodoxa. Foi aprendiz de albanel e carpinteiro co seu pai. Na mocedade, en [[1512]], en virtude dun novo decreto dado na subida ao trono do sultán [[Selim I]] ''Yavuz'', que desenvolvía o sistema de « ''[[devşirme]]'' », instaurado por [[Murat I]], - un sistema de recrutamento de mozos cristiáns, de entre oito e dezasete anos, que se convertesen ao [[Islam]] e gardarlle fidelidade absoluta ao sultán, calquera que fose a posición a que accedesen -, '''Sinan''', a pesar de ser un tanto maior, é levado a [[IstanbulEstambul]] e enrolado no exército. Crese que foi nesta altura cando se iniciou na arte e na técnica de construción de armazóns.
 
Logo dun período de rigorosa formación, pasa da cabalaría aos corpos técnicos, participa en numerosas campañas con Selim I e con [[Suleimán o Magnífico|Soliman I o Magnífico (1494-1566)]], e principia a construír pontes e fortificacións.
Liña 21:
 
=== O arquitecto imperial ===
En [[1539]], despois da morte do arquitecto [[Acem Ali]], autor da mesquita [[Mezquita Yavuz Selim (Istanbul)de Estambul|Yavuz Selim]] (''Yavuz Selim Camii'') en IstanbulEstambul, '''Mimar Koca Sinan''' foi nomeado « mimarbasi », xefe dos arquitectos imperiais, posto que conservará con tres sultáns : Suleimán o Magnífico, [[Selim II]] e [[Murad III]]. Cando este nomeamento, non era xa novo (50 anos), mais case lle quedarían outros cincuenta anos creativos, que conduciron a arquitectura turca as máis altas cimeiras.
 
A primeira mesquita erguida despois do nomeamento - a mesquita [[MezquitaMesquita Haseki Sultán(Istanbul) de Estambul|Haseki Sultán]] (''Haseki SultánSultan Camii''), edificada en honra da esposa de Soliman, a sultana [[Roxelana]] - conserva unha organización espacial moi tradicional, sen revelar innovacións. Por contra, o proxecto seguinte, a mesquita [[Mesquita Mihrimah (Usküdar)|Mihrimah]] (''Mihrimah Camii'') ([[1540]]-[[1548]]) en Usküdar, case sen solución de continuidade coa anterior, representa un primeiro paso adiante, pois entre outras novedades, contén tres semicúpulas rodeando a cúpula principal.
 
=== '''A Mesquita Şehzade Mehmet (IstanbulEstambul)''' ===
A continuación, '''Sinan''' inicia o proxecto da mezquita [[Mezquita Şehzade Mehmet (IstanbulEstambul)|Şehzade Mehmet]] (''Şehzade Mehmet Camii'') ([[1543]]-[[1548]]), ou '' do Principe Mehmet'', que commemora o predilecto de Suleimán, vítima dos celos de Roxelana, que alí ten a súa tomba.
 
Este templo considérase a primeira obra maior de '''Sinan'''. Foi levantada con vistas ao [[Mar de Mármara]] e ao [[Corno de Ouro]]. Como a maior parte das mesquitas edificadas logo, a Şehzade está erguida sobre un plano cadrado e cuberto dunha cúpula central, apoiada sobre catro pilastras e sostida por outras catro semicúpulas e máis outras menores subsidiarias. Como noutros casos é o centro dun complexo de edificacións.
Liña 36:
 
=== A mezquita Süleymaniye ===
Para Suleimán, ''Sinan'' construíu, entre [[1550]] et [[1557]], a mezquita [[Mezquita Süleymaniye|Süleymaniye]] (''Süleymaniye Camii'') de [[IstanbulEstambul]], reputada polos poetas turcos como « o esplendor e a xoia ». Esta mezquita « [[Mezquita selatin|selatin]] » (plural de « sultan ») - chamase así as mezquitas con varios alminares só contruídas polo sultán ou seus familiares - é incontestabelmente un dos seus grandes acertos e a silueta da Süleymaniye, con os seus catro afiados alminares, cerchados de dez balcóns (indicando que Suleimán era o cuarto sultán otomano de IstanbukEstambul e o décimo da dinastía otomana), domina o horizonte da ribeira occidental do Corno de Ouro. '''Sinan''' reiterou aquí o sistema de sostemento que xa el mesmo empregara na mezquita [[Mezquita Bayezid (IstanbulEstambul)|Bayezid]], (ou de Baiaceto). Sostén a cúpula por mrdio de semicúpulas orientadas para o [[mihrab]] (ou parede que indica a dirección cara [[A Meca]]). As cúpulas, como sempre descargan, de xeito harmonioso, dunhas en outras, os empuxes das súas masas.
 
A Süleymaniye e o seu complexo representan unha organización urbana estendida nunha ampla zona, englobando unha escola coránica (''darülkurra''), un hospital, un baño público (''hammam''), un hospicio, seis colexioss de teoloxía, almacéns, e os mausoleos (''türbe'') do sultán Suleimán e da súa esposa Roxelana (''a sultana Hürrem''). Constitúe o exemplo máis significado das concepcións do urbanismo dos [[Imperio Otomán|Turcos]], que atribúen unha natureza social ás construcións relixiosas. Todos os artistas da época (como p. ex. [[Ahmet Karahisar]] e o seu discípulo [[Hasan Çelebi]] para as decoracións caligráficas) contribuiran, e foi realizada tendo conta tanto do aspecto global como dos detalles.
Liña 43:
 
=== A Mesquita de Rüstem Pachá ===
Entre [[1560]] e [[1564]], ergue para o [[Visir|Gran Visir]] [[Rüstem Pachá]], xenro de Suleimán o Magnífico a mezquita [[Mezquita de Rüstem Pachá (IstanbulEstambul)|Rüstem Pacá]] (''Rüstem Paşa Camii''), tamén en [[IstanbulEstambul]], no barrio de Eminönü . É pequena e está soberbamente proporcionada. É aínda unha obra excepcional, unha xoiña da arte otomana. Achase por encima dunha arcada de almacéns, coma un cantil sobre rúas bordeadas de caravanserrallos, con construcións que talvez remonten á época bizantina. O plano é clásico: forma rectangular, cúpula central apoiada sobre catro semicúpulas e cinco cupulas menores. Estupendos azulexos de [[Iznik]] (a antiga [[Nicea]]) recubren os interiores do templo.
 
Unha recente restauración resaltou o seu valor, mais o terremoto de [[1999]] danou as súas cupuliñas.
Liña 59:
 
=== A mesquita de Sokullu Mehmet Pachá ===
Entre [[1572]] e [[1577]] '''Sinan''' edificou, no famoso barrio de [[Galata]], preto da [[Mezquita Azul]] (''Sultanahmet Camii''), a mezquita de [[Mezquita de Sokullu Mehmet Pachá (IstanbulEstambul)|Sokullu Mehmet Pachá]] (''Sokullu Mehmet Pacha Camii''), encargada polo [[Visir|Grand Visir]] do mesmo nome.
 
Foi levantada sobre as ruínas dunha igrexa bizantina, Haghia Anastasia, da que se reutilizarán os materiais. A nova mezquita é célebre polas fermosas porcelanas azuis, que cubren os piares arredor da bóveda, os contornos das xanelas e o [[mihrab]], mais que non obnubilan a beleza arqitectónica. No interior, o visitante non pode senón quedar sobrecollido de admiración diante dos azuis, verdes, púrpuras e vermellos dos elegantes deseños dos azulexos de Iznik e as pinturas mostrando caraveis e crisantemos, e máis os vitrais polícromos. Como noutras obras, e seguindo o modelo de Santa Sofía, a cúpula central vai sostida por semicúpulas.
Liña 66:
 
=== O Kırkçeşme ===
'''Sinan''' non só construiu mezquitas. En [[1553]], foille encargada a resolución do problema de abastecemento de auga á capital. Examinou todos os acuedutos antigos, e buscou novas fontes. Os traballos de construción de novas instalacións foron iniciados en [[1554]] e terminados en [[1560]]. Para iso, realizou unha rede de cuarenta fontes, que denominou « Kırkçeşme », cunha lonxitude de máis de 50 km, para cuxo suministro debeu construír diques fluviais, túneis, canles e dous acuedutos: os de [[Acueduto de Uzunkemer|Uzunkemer]] e [[Acueduto de Egrikemer|Egrikemer]], preto de IstanbulEstambul. Este proxecto a por do dominio da auga era tan importante a ollos de Suleimán, que fixo un desembolso de 43 millóns en moeda de prata, case equivalente ao que gastara (53 millóns) no complexo de Süleymaniye.
 
=== O construtor de pontes ===
'''Mimar Sinan''' outorgou tanta importancia ás súas pontes como ao resto dos traballos. Estaba orgulloso da [[Ponte de Büyükçekmece|ponte de « Büyükçekmece »]], dun longor de 635,5 metross, e que é tan perfecto como sólido. Foi el tamén o que botou sobre o río [[Cekmeçe]], os vinte e oito arcos da ponte da vía imperial que une [[Edirne]] con IstanbulEstambul. Tamén levantou, entre [[1577]] e [[1578]] a [[Ponte de Višegrad]] sobre o [[río Drina]], en [[Bosnia-Hercegovina]], nos [[Balcáns]].
 
=== Últimos anos ===
En [[1580]], edifica a mesquita [[Mesquita Chemchi Pachá (Usküdar)|Chemchi Pachá]] (''Chemchi Paşa Camii'') en [[Usküdar]], na beira asiática do [[Bósforo]].
 
En [[1584]], a sultana [[Nur-Banu|Nur-u Banu]], esposa de [[Selim II]] e mai de [[Murad III]], fai construír en IstanbulEstambul, seguindo trazas de '''Mimar Sinan''', uns baños públicos, o [[hammam de Çemberlitas]], reputado como unha das obras máis importantes da arquitectura otomana do [[século XVI]].
 
En [[1586]], á respeitábel idade de 97 ans, emprende aínda a construción das súas dúas últimas mezquitas: [[mezquita Mesih Mehmet Pachá|Mesih Mehmet Pachá]] (''Mesih Mehmet Paşa Camii'') e [[Mezquita Molla Tchelebi|Molla Tchelebi]] (''Molla Tchelebi Camii'') en [[Findikli]], que non poderá ver acabadas.
Liña 93:
* 8 [[ponte (obra de enxeñería)|pontes]]
 
A pesar da extensión excepcional da súa vida profesional, é difícil pretender que todas estas obras fosen planificadas e realizadas por Sinan persoalmente. Unha parte delas, das que a maioría se encontran en IstanbulEstambul, foran realizadas polos seus discípulos ou por organizacións de arquitectos que estaban vencelladas a el, e el contentaríase con supervisar a concepción da obra e os traballos. Por outra banda, na listaxe van incluídas as restauracións nas que participara.
 
'''Sinan''' viviu durante a época que constituiu a idade de ouro do Estado otomano. Foi arquitecto-xefe con tres soberanos: [[Suleimán o Magnífico|Suleimán I o Magnífico]], [[Selim II]] e [[Murad III]]. Tivo un papel considerable na concepción e execución de numerosas obras arquitectónicas que simbolizaron o poderío do Imperio. O estudo da súa vida revela a historia dun verdadeiro creador, xamais satisfeito con as súas realizacións, constantemente en busca de ideas novas e tentando pór a punto dispositivos innovadores. A súa influencia continuou sentindose moito tempo despois da súa morte, e en todas as épocas se recoñeceu a súa importancia.
 
Mimar Sinan faleceu case centenario, o [[17 de xullo]] de [[1588]] en IstanbulEstambul. Foi inhumado nun ángulo do Norte da mezquita Sülimaniye, na proximidade dos mausoleos de Suleimán e da súa esposa Hürrem, máis coñecida por Roxelana.
 
== Véxase tamén ==