Ovidio Murguía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Castelao (conversa | contribucións)
Liña 23:
 
==Traxectoria==
Naceu no [[pazo de Hermida]], fillo dos escritores [[Rosalía de Castro]], de quen herdou o seu sentimento artístico, e [[Manuel Murguía]], quedou orfo de nai aos 14 anos. Comezou a pintar en [[Santiago de Compostela]], na [[Real SociedadSociedade Económica de Amigos deldo País de Santiago]], da que era profesor o artista [[José María Fenollera]]. En [[1895]] trasladouse a [[Madrid]], pero non seguiu os camiños habituais de San Fernando nin as posibles pensións para Roma, por aquel entón pouco menos que imprescindible para facer carreira oficial.
 
O seu parentesco co novelista [[Alejandro Pérez Lugín]], en cuxa casa residía, permitiulle asistir a faladoiros literarios e relacionarse con artistas. Saía ao campo, na zona do Guadarrama, a pintar paisaxes do natural, e acodía con frecuencia ao [[Museo do Prado]], onde realizou copias dos grandes mestres, para exercitarse no oficio de pintor.