Sarcómero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 43:
Durante a contracción muscular as bandas A non cambian a súa lonxitude (1,85 [[micron]]s no músculo esquelético de mamífero), entanto que as bandas I e a zona H se acortan. Isto fai que as liñas Z se acheguen ás veciñas.
 
A proteína [[tropomiosina]] sitúase no sarcómero sobre a molécula de actina cubrindo os sitios de unión á miosina que ten a actina. Para que a [[célula muscular]] se poida contraer, a tropomiosina debe ser retirada de alí para que queden libres eses sitios de unión. Os ións calcio únense ás moléculas de [[troponina C]] (que están espalladas sobre a molécula de tropomiosina) e alteran a estrutura da tropomiosina, forzándoa a descubrir os sitios de unión que ten a actina, onde se establecerán pontes cruzadas.
 
A concentración de calcio nas células musculares está controlada polo [[retículo sarcoplásmico]], un tipo especial de [[retículo endoplasmático]] liso que se encontra no [[sarcoplasma]]. A contracción muscular acaba cando os ións calcio son bombeados de volta ao retículo sarcoplásmico, o que permite que o aparato contráctil da célula muscular se relaxe.