Diferenzas entre revisións de «Conversa:Copa Deputación da Coruña de fútbol»

sen resumo de edición
Etiqueta: caracteres repetidos
:Non hai que esquecer unha cousa. A Copa Deputación Provincial da Coruña NON É UN TORNEO OFICIAL, xa que non o organiza ningunha federación, senón unha administración pública. Polo tanto, preguntar á FGF por isto é como facelo ás paredes. Eu creo que en 1998 non houbo torneo.--[[Especial:Contribucións/83.34.133.3|83.34.133.3]] 6 de outubro de 2014 ás 17:59 (UTC)
:: A Copa Deputación da Coruña de fútbol está patrocinada pola Excma. Deputación da Coruña e está organizada pola Federación Galega de Fútbol, tal e como se recolle na normativa da mesma [http://futgal.es/pnfg/NNws_DwnDoc?cod_primaria=5000280&codigo=15208 (1)]. Alén diso, no listado de competicións da páxina web da Federación Galega de Fútbol tamén aparece [http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpJornada?cod_primaria=1000120&CodCompeticion=363012&CodGrupo=363013&CodTemporada=10&CodJornada=7&Sch_Codigo_Delegacion=&Sch_Tipo_Juego= (2)], así que son eles quenes deberían te-las actas dos partidos. - [[Usuario:Jorges65|Jorges65]] ([[Conversa usuario:Jorges65|conversa]]) 12 de outubro de 2014 ás 21:21 (UTC)
 
 
Xa está o palmarés completo! Só faltarían, para termos todos os datos, a data de celebración da final de 1995 e o lugar e a data de celebración de edición de 1996. Mais en principio tampouco se trata de datos esenciais. Para conseguir todos eses datos foi esencial a achega feita por Jorge Deza, o editor do blog "Ferrol é Racing" sobre o Racing de Ferrol, e que xentilmente aceptou elaborar un artigo no seu blog sobre o historial das finais da Copa Deputación da Coruña depois de que eu llo pedira ao no atopar datos sobre varias das edicións da década dos 90 -> [http://ferrolracing2019.blogspot.com.es/p/preguntas-e-peticions.html].
 
Por outra banda, respecto da fotografía, aquí vos deixo unha fotografía do equipo da SD Compostela posando co trofeo despois de gañar a final da edición de 2013 -> [http://3.bp.blogspot.com/-ST8FJC8i8Q4/UhEXh186YTI/AAAAAAAACeA/m-VcnlA2eus/s1600/campeonesdiputacion2.jpg]
Está no blog dun seguidor do Compos, e estou seguro de que se lle escribes ao correo (trevinho@sdcompostelasad.tk) non terá problema en autorizarvos para o seu uso. Eu non teño conta na wiki nin sei como se usa commons, por iso volo digo. Por se queredes ilustrar o artigo.
 
En terceiro lugar, a modo de suxestión, creo que o título do artigo debería ser mudado para '''Copa Deputación da Coruña de fútbol''', xa que existe tamén a Copa Deputación da Coruña noutros deportes.
 
E por último, por se alguén se anima a proseguir coa elaboración dos artigos sobre as Copas Deputación de fútbol das outras provincias galegas, pois aquí vos deixo un recadro co palmarés da Copa Deputación de Ourense (desde logo ese artigo sería ben máis fácil de redactar que o presente) -> [https://pbs.twimg.com/media/BqBAv4oIAAE7hys.jpg:large] (na edición 2013/14 o resultado da final foi de 0-0 e o CD Ourense B levou o torneo nos penaltis)
 
E iso é todo, un saúdo!
Usuario anónimo