Ovo (alimento): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 333:
Crese tamén que os ovos dunha galiña negra son máis nutritivos ou que curan certas enfermidades. En [[Mos]] e en [[Ponte Sampaio, Pontevedra|Ponte Sampaio]] (Pontevedra), coa casca dos ovos e unha herba chamada ''urbaxán'' facían unha pasta que, colocada sobre o ventre dun meniño cun [[mal de aire]], servía para coñece-lo causante do [[meigallo]].
 
Crese que os galos vellos (de sete anos de idade), poñen un único ovo, semellante en todo ó das galiñas pero de non máis de 2 cm. Nuns sitios, deste ovo nace un [[escorpión]], para outros unha [[cobra]] ou o mesmo [[Basilisco (mitoloxía)|basilisco]], animal ponzoñoso por excelencia na imaxinación popular.
 
=== Refraneiro ===