Xeado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 8:
En [[1913]] inventouse a primeira [[máquina]] continua para elaborar xeados. Basicamente consta, na súa parte exterior, dunha gran [[marmita]] de [[aceiro]] que se conxela mediante un potente equipo de frío; e na parte interior, dunha [[batedora]] con [[aspa]]s (conectada mediante un eixe a un motor eléctrico) que van raspando as paredes do cilindro e movendo a mestura continuamente até que esta alcance a consistencia dunha crema xeada.
 
Os xeados véndense principalmente nas '''[[xeadaría]]s'''<ref>Denominación: xeadaría ou xeadería en ''Dicionario de alimentación e restauración'', VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega</ref>. Estas ás veces conteñen obradoiros onde se fabrican os xeados e sorbetes.
== Tipos ==
[[Ficheiro:StrawberryIce.jpg|miniatura|150px|Cono ou ''cucurucho''[[Cornete]] de xeado de [[amorodo]].]]
[[Ficheiro:RaspberrySherbet.jpg|miniatura|150px|[[Sorbete]] de [[framboesa]].]]
[[Ficheiro:Chocolate Chip Ice Cream 01.jpg|miniatura|150px|Xeado con [[chocolate]].]]
[[Ficheiro:Vannis.jpg|miniatura|150px|[[Polo (xeado)|Polo]] de tres sabores.]]
 
Aínda que o termo ''crema xeada'' úsase ás veces para identificar as sobremesas conxeladas en xeral, usualmente está reservado para aquelas sobremesas[[sobremesa]]s conxeladas feitas cunha alta porcentaxe de graxa láctea.
 
=== Definicións ===
Liña 46 ⟶ 47:
: Teñen moito menos aire incorporado e un aspecto moi cremoso. O seu prezo é considerabelmente maior que o do xeado industrial, debido á calidade e cantidade dos produtos empregados na súa elaboración.
 
* '''''Xeado suave''''' (''soft serve''): é o xeado que se pode conseguir nos restaurantes ''fast food'' (de [[comida rápida]]). A mestura base colócase nunha pequena mesturadora e accionando unha billa extráese oun xeado lene no momento.
 
: A característica principal destes xeados é a gran cantidade de aire que teñen dentro; é dicir, que son moi lixeiros e teñen unha textura moi suavelene (tamén o elevado contido en graxas).
 
: Son xeados que non necesariamente son de baixa calidade, pero si, xeralmente, máis baratos porque non requiren da operación de conxelación á que se someten os outros tipos de xeado despois da formación da emulsión.
Liña 57 ⟶ 58:
A pesar diso, podemos fixar un primeiro fito nos certames de bebidas xeadas ou arrefriadas con neve ou xeo que se celebraban na corte de [[Babilonia]], antes da era cristiá.
 
Aínda antes, no ano 400 a.C., en [[Persia]], un prato arrefriado como un [[pudinpudín]] ou [[flan]], feito de auga de rosas e [[cabelo de anxo]], que se asemellaba a un cruce entre un [[sorbete]] e ununhas pudin[[papas de arroz]], servíase á realeza durante o verán.
 
Os persas dominaran xa a técnica de almacenar xeo dentro de grandes ''refrixeradores'', arrefriados de forma natural, coñecidos como ''ya-chal''. Estes almacéns mantiñan o xeo recollido durante o inverno ou traído das montañas durante o verán. Traballaban usando altos ''receptores de vento'' que mantiñan o espazo de almacenaxe subterráneo a temperaturas frías. O xeo era despois mesturado con [[azafrán]], froitas e outros produtos de sabores variados.
Liña 77 ⟶ 78:
En Francia engadíuselle ovo ás receitas. Unha neta de Catarina casou cun príncipe inglés, levando así o xeado a [[Inglaterra]].
 
Desta maneira difundíronse estes produtos en Europa e, despois, leváronse aás [[América]]s durante a época da [[colonización]].
 
O ano [[1686]], vinte anos despois da introdución do [[café]] na corte de [[Francia]], un [[Sicilia|siciliano]] de nome [[Francesco Procopio Dei Coltelli]] tivo a idea de abrir, cerca de [[Saint-Germain-des-Prés]], un establecemento, o [[Café Procope]], onde se probaría esta beberaxe en sociedade. Este establecemento, no que tamén se fabricaban xeados, alcanzou gran fama, especialmente cando, tres anos máis tarde, a instalación da ''Comédie Française'' na mesma rúa atraeu á clientela do mundo do espectáculo.<ref>Autores como Voltaire ou Rousseau eran habituais contertulios no que foi o primeiro ''café literario''.