Vanuatu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
Liña 51:
 
== Historia ==
Moitas das illas de Vanuatu foron habitadas faihai miles de anos, as máis antigas probas indican que foi no ano [[-2000|2000 a.C]]. En [[1606]], o explorador [[España|hispano]]-[[Portugal|portugués]] [[Pedro Fernández de Quirós]] converteuse no primeiro europeo en chegar ás illas, quen crendo que chegara á ''Terra Australis'' bautizou o arquipélago co nome de ''Terra Australia do Espírito Santo''. Os europeos comezarían a asentarse nas illas a finais do [[século XVIII]], primeiro coas exploracións do Conde de Bougainville que redescubriu a illa co nome de ''Grandes Cícladas'' en [[1768]] e despois que o explorador [[Reino Unido|británico]] [[James Cook]] visitou as illas na súa segunda viaxe en [[1774]] chamándoas como ''Novas Hébridas''.
 
En [[1887]], as Novas Hébridas comezan a ser administradas por unha comisión naval [[Francia|franco]]-[[Reino Unido|británica]]. En [[1906]], establécese un [[Condominio Franco-Británico]].
Liña 61:
En febreiro de [[1984]], o [[presidente]] [[George Sokomanu]] renunciou logo de declararse culpable de atrasar o pago dos impostos, pero resultou reelixido ao mes seguinte. En [[1985]] a Unión de Partidos Moderados acusou ao goberno de restrinxir os dereitos humanos e os dereitos de organización. En febreiro de [[1987]] un ciclón destruíu [[Port Vila]], a capital, e causou aproximadamente 50 mortos. En decembro de [[1988]], no medio dunha crise política provocada por rivalidades entre o primeiro ministro Lini e [[Barak Sope]], secretario xeral do Vanuakku Pati, o presidente Sokomanu disolveu o Parlamento e nomeou a Sope como primeiro ministro interino, pero ambos foron arrestados polas forzas leais a Lini; ao ano seguinte foi elixido como presidente [[Fred Timakata]].
 
En [[1991]], unha moción parlamentaria desposuíu a Lini do seu cargo e [[Donald Kalpokas]] do Vanuakku Pati, foi elixido primeiro ministro o [[6 de setembro]], porén, foi substituído por [[Maxime Carlot Korman]] o [[16 de decembro]]. En [[1996]], o grupo paramilitar ''Vanuatu Mobile Force'' intentou depor o goberno e nese mesmo ano, o gabinete de Carlot cometeu unha fraude bancaria. En novembro de [[1997]], o presidente [[Jean Marie Leye]] disolveu o Parlamento. Nos últimos anos o país estivo baixo escándalos de corrupción que frearon á economía.
 
== Goberno e Política ==