Queixo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 118:
Os seguidores máis estritos das leis dietéticas do [[xudaísmo]] e mailo [[islamismo]] só poden consumir queixos cuxo [[callo]] proveña dun animal matado de acordo ao especificado no ''[[halal]]'' musulmán, ou tamén pode substituírse por un [[callo]] de orixe vexetal (no ''[[cashrut]]'' xudeu), . Moitos [[xudeu]]s menos estritos consideran que o proceso ao que se somete o [[callo]] muda a súa natureza ata tal punto que non pode violar as leis do ''cashrut''. De todos os xeitos, ao estares considerado como un alimento primario, nunca pode ser consumido por un xudeu combinado con carne.
 
Moitos [[Vexetarianismo|vexetariano]]s evitan tamén o consumo de queixos fabricados a partir dun [[callo]] de orixe animal. Por esta razón existe unha ampla variedade de queixos fabricados cun [[callo]] obtido da fermentación do [[Fungo (bioloxía)|fungo]] ''mucor miehei''. Os [[veganismo|vegano]]s e outros vexetarianos non consomen queixo real, aínda que si existen sustitutos con ingredientes únicamente de orixe vexetal, normalmente elaborados con produtos a base da [[soia]].
 
Ata en culturas cunha longa tradición queixeira, é doado atopar a persoas que o rexeitan, especialmente aqueles cun sabor e cheiro máis forte, como o [[queixo roquefort|roquefort]]. O escritor Harold McGee, especialista en [[química alimentaria]], sostén que o queixo adquire tal sabor como parte dunha [[Descomposición biolóxica|descomposición]] controlada, e que algunhas das moléculas causantes do seu cheiro e sabor poden aparecer tamén na comida podrecida.