Queixo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 149:
 
===Queixos frescos===
{{AP|Queixo fresco}}
[[Ficheiro:Cheese 07 bg 042906.jpg|miniatura|250px|[[Mozzarella]] fresca]]
Os [[queixo fresco|queixos frescos]] son aqueles nos que a elaboración consiste unicamente en callar o leite e eliminar a maior parte do soro. A estes queixos non se lles aplican técnicas de conservación adicionais, polo que aguantan moito menos tempo sen botarse a perder. O seu mantemento poderíase comparar ao dos [[iogur]]es, pois compre conservalos en lugares refrixerados. O feito de que a maduración do queixo sexa máis breve fai que teñan sabores suaves e texturas pouco consistentes.
 
Con estas características, empréganse como ingredientes para ensaladas, como o [[queixo de Burgos]], un dos máis consumidos en España. En Italia o queixo por excelencia nas ensaladas é a [[mozzarella]], que se elabora introducindo a callada do leite en auga quente, de tal xeito que se van creando masas en forma de bólas por efecto da temperatura. En certas zonas do sur italiano consómese a mozzarella ás poucas horas da súa elaboración. A mozzarella tamén é o queixo máis utilizado como ingrediente das [[pizza]]s, con todo, para iso utilízase unha variedade máis deshidratada, que non corresponde a un queixo fresco.