Rebordáns, Tui: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
+cat
Sen resumo de edición
Liña 14:
 
==Patrimonio==
A igrexa parroquial de [[San Bartolomeu de Rebordáns]] foi construída sobre unha antiga necrópole romano-sueva, situada a carón da [[viavía XIX]] do [[itinerario de Antonino]]. O templo actual é do [[século XII]], pero conserva vestixios anteriores. En [[1071]] foi elixida como sé episcopal do [[bispado de Tui]] polo rei [[García de Galicia|García]], logo de ser saqueada [[Tui]] nos [[Viquingos en Galicia|ataques normandos]]. Estivo vencelladaligada a un mosteiro beneditino até o [[30 de novembro]] de [[1225]].
 
Ten planta basilical de tres naves con tres [[ábsida]]s, de forma rectangular os laterais e semicircular o central, cubertos con bóvedas de canón, e rematada en cascarón a bóveda da ábsida central. O teito das naves é de madeira.
Liña 20:
A fachada orixinal foi substituída na Idade Moderna pola neoclásica actual. Ten capiteis historiados e pinturas murais do século XVII, descubertas na ábsida. No altar maior consérvase unha escultura de pedra policromada de San Bartolomeu de estilo románico, atopada baixo o pavimento da capela maior.
 
O bispo [[Diego Xelmírez]] levou do templo as reliquias de [[Froitoso de Braga|San Froitoso]] á [[catedral de Santiago de Compostela|catedral de Santiago]], xunto coas doutros santos veneradas na [[diocese de Braga]].<ref>"La iglesia de San Bartolomé, joya del románico", artigo de [[Antonio Bouzón]] no ''[[Faro de Vigo]]'', 25 de outubro de 2003. {{es}}.</ref>.
 
Xunto á igrexa hai un cruceiro de 1770.