A Coruña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cambiei a división do RC Deportivo debido ao ascenso deste ano.
Liña 882:
Na cidade destacan equipos profesionais como o [[Deportivo da Coruña|Deportivo]] ou o [[H.C. Liceo|Liceo]]. Ambos destacan pola súa presenza nas máximas categorías, polos seus títulos e polas participacións en competicións europeas.
 
O club máis representativo da cidade é o [[Deportivo da Coruña|Real Club Deportivo da Coruña]], máis coñecido como ''Dépor''. Actualmente xoga na [[SegundaPrimeira División Española]]. Fundado en [[1906]], o Deportivo foi campión de [[Primeira División Española|Liga]] na tempada [[Primeira división española 1999/00|1999-00]] e subcampión noutras cinco ocasións. Ademais foi campión da [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Rei]] en 2 ocasións e da [[Supercopa de España de Fútbol|Supercopa de España]] en 3. O equipo disputou cinco tempadas consecutivas a [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]] chegando a unha semifinal, e tamén foi campión da [[Copa Intertoto]] en [[2008]]. O Deportivo xoga os seus partidos no [[Estadio Municipal de Riazor]].
 
Ademais hai outros dous equipos de fútbol na [[Terceira División Española|Terceira División]], o [[Silva Sociedad Deportiva]], que xurdiu en [[1940]] como un equipo afeccionado do [[A Silva, San Cristovo das Viñas, A Coruña|barrio do mesmo nome]] e logrou na tempada [[2013]]-[[2014|14]] o seu primeiro ascenso a [[Terceira División Española|Terceira]]. O outro é o filial do Deportivo, o [[Fabril]].