Antonio Tenreiro Rodríguez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
→‎Comezos: estudio: local onde traballa e estuda un profesional, en particular un pintor, escultor ou arquitecto (DRAG)
Liña 21:
 
===Comezos===
Aínda que nun principio estabeleceu o seu estudoestudio na rúa Benito Gutiérrez de Madrid, con encargos modestos, ao gañar o concurso de proxectos para a Casa de Correos-Telégrafos de [[Lugo]], e encargarlle seu tío Ricardo e seu curmán [[Pedro Barrié de la Maza]] o proxecto da sede do Banco Pastor en 1920, trasladouse, con Peregrín Estellés, definitivamente á Coruña. Foi nese mesmo ano cando tamén casou, con Mathilde Brochón Reinmann, tendo catro fillos: Rosa (1921), Antonio (1923), Magdalena (1925) e Ramón (1928).
 
Na década de 1920 e nos anos da [[Segunda República Española]] proxecta algunhas das súas obras máis coñecidas, como o edificio do Banco Pastor, que ao finalizar a súa construción era o máis alto do Estado español, influído pola [[Escola de Chicago (arquitectura)|Escola de Chicago]], que destaca polas formas clásicas e neobarrocas do estilo [[Beaux Arts]], que o propio Tenreiro definiría como “Barroco modernizado”, e a aparición de elementos e detalles propios da [[art déco]]. Tamén desta época é a [[casa Barrié]], finalizada en 1926, na que Tenreiro opta por unha obra máis europea, un estilo francés, e cunha frescura nova no deseño dos detalles lonxe da ortodoxia Beaux Arts. Tamén construíu as vivendas de “[[O Graxal]]”, en [[Cambre]], actualmente en estado de ruína, a carón da [[N-VI]], ante o abandono das administracións locais e autonómicas. A nivel persoal, Tenreiro recibe a [[Lexión de Honra francesa]] en 1928.