Alessandro Volta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Tegel (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 193.144.97.215 (conversa); cambiado á última versión feita por Alfonso Márquez
Liña 25:
'''Alessandro Giuseppe Antonio Anastasio Volta''', nado en [[Como]], [[Lombardía]], o [[18 de febreiro]] de [[1745]], e falecido en [[Camnago]] o [[5 de marzo]] de [[1827]], foi un [[física|físico]] [[italia]]no, famoso principalmente por desenvolver a [[batería eléctrica]].
==Traxectoría==
Alessandro Volta naceu e foi educado en [[Como]], [[Lombardía]]. gabodrogasdunhaFoi fillo dunha nai nobre e dun pai da alta burguesía. Recibiu unha educación básica e media humanista, pero ao chegar ao ensino superior, optou por unha formación científica.
 
No ano [[1774]] é nomeado profesor de [[física]] da ''Escola Real'' de [[Como]]. Un ano despois, Volta realiza o seu primeiro [[invento]], un aparello relacionado coa [[electricidade]]. Con dous discos metálicos separados por un condutor húmido, pero unidos cun [[Circuíto eléctrico|circuíto]] exterior logra, por primeira vez, producir [[Corrente continua|corrente eléctrica continua]], invéntase o [[electróforo]] perpetuo, un dispositivo que unha vez que se atopa cargado, pode transferir electricidade a outros obxectos, e que xera [[electricidade estática]]. Entre os anos [[1776]] e [[1778]], dedícase á [[química]], descubrindo e illando o [[gas]] de [[metano]]. Un ano máis tarde, en [[1779]], é nomeado profesor titular da cátedra de física experimental na [[Universidade de Pavía]].