Pío III, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 54 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q160030
Sen resumo de edición
Liña 5:
O 18 de agosto de 1503, o papa [[Alexandre VI, papa|Alexandre VI]] morría. O 16 de setembro abríanse as deliberacións do [[conclave]] para a elección do seu sucesor. Dous candidatos opoñíanse: o cardeal Georges de Amboise (1460-1510), ministro de [[Luís XII de Francia]], sostido por [[César Borgia]], e o cardeal Giuliano Della Rovere, o futuro [[Xulio II]]. Para evitar longas discusións, os electores puxéronse de acordo, dende o 22 de setembro, sobre o nome do cardeal Francesco Todeschini-Piccolomini, sobriño de [[Pío II]], que tomou o nome de Pío III en recordo do seu tío materno.
 
Declarou axiña querer ser o papa da paz. Desexaba a reforma xeral da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]] e a pacificación de todo o Occidente, pero morreu, menos dun mes despois da súa elección, o 18 de outubro de 1503. Foi inhumado na basílica de San Pedro, despois os seus restos foron transferidos á igrexa San Andrea della Valle, ao lado dos de [[Pío II]].
 
As profecías de [[San Malaquías]] refírense a este papa como ''De parvo homine'' ('Do home pequeno'), cita que fai referencia ao seu apelido, Piccolomini (''piccolo'' significa 'pequeno', e ''uomini'' significa 'homes').