Parque Natural do Delta do Ebro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
O '''parque natural do Delta do Ebro''', chamado ''Parc Natural del Delta de l'Ebre'' en [[Lingua catalá|catalán]], localízase na desembocadura do [[río Ebro]], na [[provincia de Tarragona]], entre as comarcas do [[Baix Ebre]] e do [[Montsià]], na parte máis meridional de [[Cataluña]]. Foi declarado [[parque natural]] en [[agosto]] de [[1983]], e ampliado en [[1986]]. En 2010 contaba cunha extensión total de 7.736 hectáreas (3979 hectáreas no hemidelta dereito e 3757 hectáreas no hemidelta esquerdo).
 
O río Ebro, o máis caudaloso da [[península Ibérica]], é o principal responsable desta contorna, achegando os materiais arrincados da súa cabeceira para depositalos aquí, na conxunción co [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]]. Os sedimentos son por tanto, materiais provenientes dos [[Pireneos]], o [[sistema Ibérico]] e a [[Cordilleira Cantábrica]], lugares de onde nace o río e afluentes del. A cantidade de materiais sedimentados crearon unha superficie de máis de 320 [[quilómetro cadrado|km²]], na que se formaron numerosos hábitats. A actual forma do Delta é unha "frecha" perfectamente debuxada que penetra preto de 22 km no mar, creando así o terceiro maior delta do Mediterráneo tras o Delta do [[Nilo]] con 24.000 [[quilómetro cadrado|km²]] e o do [[río Ródano|Ródano]], que abarca unha superficie de 500 [[quilómetro cadrado|km²]].
 
O delta do Ebro é a zona húmida máis grande de [[Cataluña]] e unha das máis importantes de [[Europa Occidental]] detrás do parque rexional da [[Camarga]] en [[Francia]] e do [[parque nacional de Doñana]] no sur de España.