Aníbal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 53:
== Cara a Roma ==
[[Ficheiro:HannibalFrescoCapitolinec1510.jpg|miniatura|250px|Aníbal cruzando os [[Alpes]]]]
A medida que avanzaban cara a Roma, a infantería de Aníbal reduciuse á metade, maioritariamente pola deserción dalgunhas tropas novatas ibéricas que se uniron a último momento motivadas pola fama adquirida polo estratega logo das súas vitorias. Cando Aníbal estaba preparando ás súas tropas para cruzar o [[río Ródano|Ródano]], un gran continxente de volcos, que habitaban nas proximidades do río, situouse na outra beira coa intención de evitar que os cartaxineses cruzasen o río. Consciente de que pola forza non podería cruzar o río, Aníbal enviou a Hannón cun destacamento de mercenarios iberos río arriba, co fin de que cruzasen o río sen ser vistos e sorprendesen pola retagarda aos [[volcos]].
 
Así, remontaron o río ata un lugar onde era menos profundo e ao día seguinte, estas tropas baixaron ata o campamento inimigo, caendo sobre el e facendo fuxir os [[celtas]], á vez que Aníbal cruzaba o Ródano.