Aníbal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 41:
Á morte de Amílcar en [[-228|228 a.C.]], [[Asdrúbal o Belo]] quedou ao mando do exército cartaxinés en [[Iberia]] e, asasinado este en [[-221|221 a.C.]], o exército elixiu a Aníbal como estratega. Con todo, como sucedera con Asdrúbal, en Cartago o nomeamento foi mal recibido entre os aristócratas, denominados "Os Vellos", defensores do nomeamento de [[Hannón]], xa que consideraban que era perigoso converter o mando do exército nun cargo hereditario e máis cando o ostentaban membros dunha familia demócrata, como era o caso dos Barca. Malia iso, o Consello púnico confirmou o nomeamento feito pola tropa.
 
Vistas as dificultades finalmente superadas do seu nomeamento, Aníbal decidiu lanzarse a realizar conquistas que demostrasen a súa pericia no mando e saciasen a sede de ouro dos avariciosos aristócratas que tanto desconfiaran da oportunidade do seu mando. Percorreu o interior da [[Península Ibérica]] durante dous anos atinxindo coa súa campaña renome militar, a confianza dos seus soldados e tesouros inmensos para Cartago, chegando deste xeito a unha situación na que si podería enfrontarse aos romanos. Para evitar unha inminente confrontación entre Roma e Cartago, Asdrúbal, xenro de Amílcar Barca e xeneral dos exércitos cartaxineses á morte deste, estableceu un tratado polo cal non se pode estender a influencia cartaxinesa máis aló do norte do río [[río Ebro]]. A alianza entre Roma e [[Sagunt - Sagunto|Sagunto]], asinada posteriormente ao tratado, vulneraba este tratado debido a estar a cidade na órbita de influencia cartaxinesa. Esa é a razón pola que Aníbal atacou [[Sagunt - Sagunto|Sagunto]] no ano [[-219|219 a.C.]], provocando o estalido da contenda.
 
[[Ficheiro:hannibal_route_of_invasion.gif|miniatura|250px|Rota de Aníbal na súa invasión de [[Italia]]]]
Liña 49:
Aproveitando este feito como escusa, unha embaixada de Roma declarou a guerra contra Cartago, unha guerra que estaba formulada facía moito tempo, pero que fora postergada polo escaso apoio popular romano. Anibal confioulle a defensa de Iberia ao seu irmán Asdrúbal e partiu na primavera do [[-218|218 a.C.]] con 100.000 infantes, 12.000 cabalos e 50 elefantes á conquista de Roma. O seu exército estaba formado por libios (africanos) e mercenarios iberos que se foron unindo ao exército cartaxinés a medida que, primeiro o seu pai, logo Asdrúbal, e finalmente o propio Aníbal, conquistasen o territorio. Desta forma, Aníbal pretendía desviar o golpe mortal que recaería sobre a metrópole cartaxinesa mediante un ataque desesperado directo ao corazón da [[República Romana]].
 
Dirixíndose cara ao norte, chegou a vadear o [[Ebro]], fronteira co territorio romano, sen achar resistencia entre os pobos que atopou ao seu paso. Neste punto confiou a [[Hannón]] 11.000 homes para manter as comunicacións entre o Ebro e os [[Pireneos]], lugar ata o que continuou, atravesándoo e avanzando logo ata o [[río Ródano]]. Malia soster algúns combates cos galos que atopou ao seu paso, conseguiu asinar pactos con algúns deles, ofrecéndolles as riquezas que atopasen máis aló das montañas.
 
== Cara a Roma ==