Ebolavirus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 64:
; ''[[virus Ebola|Ebolavirus Zaire]]'' (''Zaire ebolavirus'') (antes ZEBOV, hoxe EBOV): Tamén chamado simplemente virus Zaire ou [[virus Ebola]], EBOV, que ten a maior taxa de mortalidade, de ata o 90% nalgunhas epidemias, cunha media do 83% nos últimos 27 anos. Houbo máis estalidos epidémicos do ebolavirus Zaire que de calquera das outras especies. O primeiro ocorreu en 1976 en [[Yambuku]].<ref>{{Cite journal|author=Isaacson, M; Sureau, P; Courteille, G; Pattyn, SR;|title=Clinical Aspects of Ebola Virus Disease at the Ngaliema Hospital, Kinshasa, Zaire, 1976|url=http://www.itg.be/ebola/ebola-12.htm|accessdate=2009-07-08|ref=harv}}</ref> Os síntomas lembraban aos da [[malaria]], e aos pacientes se lles deu [[quinina]]. A tansmisión foi atribuída á reutilización de agullas non esterilizadas e a un contacto persoal estreito. É o causante da epidemia de 2014, a máis grave ata o momento.
 
; ''[[virus Sudán|Ebolavirus Sudán]]'' (''Sudan ebolavirus'') (antes SEBOV, hoxe SUDV): Igual que o virus Zaire, o SUDV apareceu en 1976, e ao principio pensouse que era identico á especie Zaire.<ref name=Lancet2011> Feldmann, H.; Geisbert, T. W. (2011). "Ebola haemorrhagic fever". The Lancet 377 (9768): 849–862. doi:10.1016/S0140-6736(10)60667-8. PMID 21084112.</ref> O SEBOVSUDV crese que empezou en traballadores dunha fábrica de algodón en Nzara, [[Sudán]] (hoxe en [[Sudán do Sur]]), e o primeiro caso foi o dun traballador exposto a un reservorio natural potencial. Os científicos examinaron os insectos e outros animais locais, mais ningún deu positivo para o virus. O portador aínda é descoñecido. A falta de barreiras contra o contaxio durante a atención médica (ou "illamento de camas") facilitou o espallamento da enfermidade. O estalido máis recente ocorreu en 2004. Confirmáronse 20 casos en Yambio, Sudán, dos que cinco morreron. As taxas medias de mortalidade da infección por SEBOV foron o 54% en 1976, o 68% en 1979, e o 53% en 2000 e 2001.
 
; ''[[virus Reston|Ebolavirus Reston]]'' (''Reston ebolavirus'') (antes REBOV, hoxe RESTV): Este virus descubriuse durante o estalido epidémico do [[virus da febre hemorráxica de simios]] (SHFV) en [[Macaca fascicularis|macacos cangrexeiros]] que tiñan os [[Covance|Hazleton Laboratories]] (hoxe Covance) en [[Reston, Virxinia]], EUA en 1989. Desde o estalido inicial en [[Virxinia]], volveuse a dar en primates non humanos en [[Pennsylvania]], [[Texas]], e [[Siena]], [[Italia]]. En todos os casos, os animais afectados foran importados dunha instalación de [[Filipinas]].<ref name="KnownCasesCDC">{{Cite web|url=http://www.cdc.gov/ncidod/dvrd/spb/mnpages/dispages/ebola/ebolatable.htm|title=Known Cases and Outbreaks of Ebola Hemorrhagic Fever|accessdate=2008-08-02|author=Special Pathogens Branch CDC|date=2008-01-14|publisher=Center for Disease Control and Prevention}}</ref> Posteriormente, en Filipinas o virus tamén afectou a [[porco]]s.<ref>{{cite news|url=http://www.nytimes.com/2009/01/24/health/24ebola.html|title=Pig-to-Human Ebola Case Suspected in Philippines|accessdate=2009-01-26|date=2009-01-24|publisher=New York Times | first=Donald G. | last=McNeil Jr}}</ref> Malia a súa consideración como organismo de Nivel 4 de [[bioseguridade]] e a súa aparente [[patóxeno|patoxenicidade]] en monos, o REBOV non causou a enfermidade en ningún dos humanos expostos nos laboratorios.<ref>{{harvnb|McCormick|Fisher-Hoch|1999|p=300}}</ref>