Piñeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Castelao (conversa | contribucións)
Liña 290:
== Uso ==
[[Ficheiro:Pinus radiata.JPG|miniatura|250px|dereita|[[Piñeiro insigne]] (''Pinus radiata'')]]
O piñeiro é a [[especie]] comercialmente máis importante para a produción de [[madeira]] nas rexións [[temperada]]s e [[tropical|tropicais]] do [[planeta]]. Moitos deles son utilizados como [[materia prima]] para a produción da [[celulosa]], que se emprega na fabricación de [[papel]]. A razón principal é que o piñeiro é unha [[madeira]] de rápido crecemento. Ademais tamén pode plantarse cunha gran densidade poboacional e a caída das súas agullas produce un efeitoefecto alelópatico en plantas doutras especies, ou sexa, as follas inhiben o crecemento doutras plantas, o que provoca unha redución na competición por [[auga]], [[luz]] e [[nutriente]]s nos piñeirais. Un exemplo típico é o do ''[[Pinus radiata]]'' D. Don.
 
A [[resina]] dalgunhas especies é importante fonte de [[brea]] da cal se extrae [[trementina]] e outros [[Aceite esencial|aceites esenciais]]. Algunhas especies teñen sementes comestíbeis que se poden cociñar ou asar. Algunhas especies úsanse como [[árbore de nadal|árbores do nadal]] e as súas piñas (conos con piñóns) e ramos empréganse adoito en decoracións. Moitos piñeiros úsanse tamén como plantas ornamentais en parques e xardíns, en especial as especies ananas. Tamén existe unha longa tradición oriental, especialmente na [[China]] e no [[Xapón]], e ben difundida entre as culturas occidentais modernas, de cultivar miniaturas artísticas das máis diversas especies de piñeiros, os [[bonsai]]s, un termo emprestado do [[Lingua xaponesa|xaponés]].