Camillo Benso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
formato
Liña 20:
 
=== Política exterior e unificación de Italia ===
[[Ficheiro:Francesco Hayez 041.jpg|miniatura|esquerda|Retrato de Cavour, obra de [[Francesco Hayez]].]]
 
En política exterior foi un político hábil, aínda que ás veces estivo acompañado pola fortuna. O seu obxectivo era crear un estado forte no norte de Italia baixo a coroa da [[Casa de Savoia]], pero descubriu que para acadar ese obxectivo, o [[Piemonte]] debía obter apoios das potencias europeas. En [[1854]] estoura a [[guerra de Crimea]]: Francia e Inglaterra, aliadas con [[Turquía]], loitaban contra [[Rusia]], que facía esforzos por espallar a súa hexemonía na [[Balcáns|península balcánica]]. Cavour ofreceu a axuda do Piemonte ás grandes potencias, enviando a [[Crimea]] un corpo de exército.
Liña 28:
En [[1856]] asinouse a paz no Congreso de [[París]], coa presenza do representante de [[Austria]]. Cavour non obtivo compensación algunha pola súa participación na guerra, pero conseguiu que unha das sesións fose adicada expresamente a discutir o problema italiano: puido así defender publicamente a idea de que a represión dos gobernos reaccionarios e a política do [[Imperio Austrohúngaro]] eran os auténticos responsables das inquietudes revolucionarias que se estaban formando en toda a península e que estas revoltas poderían constituír unha ameaza para todos os gobernos de [[Europa]].
 
Así, Cavour chamou a atención de tódalas potencias europeas sobre a cuestión italiana; para ter éxito tería que conseguir interesar polo menos de xeito especial nalgunha delas. En [[1858]] entrevistouse con [[Napoleón III]] (favorable a intervir a favor dos italianos a pesares de escapar milagrosamente con vida ao atentado do patriota emiliano [[Felice Orsini]]) en [[Plombières]] para ratificar un tratado defensivo-ofensivo fronte aos [[Habsburgo]]. En [[1859]] estoura a guerra que enfronta por unha banda a Francia e ao Piemonte e por outro a Austria. A guerra permitiu a anexión de [[Lombardía]], pero os franceses interromperon a guerra antes do previsto, asinando un armisticio con Austria no Tratado de Villafranca. Cavour, como protesta, dimitiu. Malia a oposición de [[VíctorVítor Manuel II]], en [[1860]] Cavour volveu ocupar o cargo de Presidente do Consello.
 
Cuns estratéxicos movementos políticos e coa axuda do goberno británico, conseguiu obter o recoñecemento dos plebiscitos que se celebraron en [[Toscana]], nos ducados de [[Módena]] e [[Parma]] e nos Estados Pontificios para a anexión do Reino de Sardeña. Para continuar obtendo o apoio francés no seu proxecto, que xa era o de unificar a península italiana, cedeu a Francia a cidade de [[Niza]] e [[SavoiaActualmente (departamento)|ten 20.000 habitantes.Savoia]]. De xeito non explícito axudou a [[Giuseppe Garibaldi|Garibaldi]] a organizar a expedición dos Mil, e logo, coa escusa de deter a ese perigoso revolucionario obtivo o permiso de Francia para ocupar os [[Estados Pontificios]], agás a cidade de [[Roma]].
 
Cando se uniron os exércitos, Garibaldi doou a Víctor Manuel II o sur de Italia, co que se chegou a unha reunificación parcial da península. O [[17 de marzo]] de [[1861]] Víctor Manuel II foi proclamado Rei de Italia. Cavour adicouse a unha operación diplomática a grande escala para conseguir un acordo co Papa, pero antes de chegar á conclusión morreu, probablemente de malaria, no palacio da súa familia en Turín o [[6 de xuño]] de [[1861]].
Liña 38:
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Pai da nación]].
 
{{ORDENAR:Benso, Camillo}}
[[Categoría:Presidentes do Consello de Ministros de Italia]]
 
[[Categoría:Presidentes do Consello de MinistrosPolíticos de Italia]]
{{Link FA|fr}}
[[Categoría:Nados en Turín]]
[[Categoría:Nados en 1810]]
[[Categoría:Finados en 1861]]