Na noite estrelecida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3115022 de 85.91.93.126 (conversa)
Sr71 (conversa | contribucións)
Liña 39:
 
===Espazo===
Sobresaen dous espazos galegos: a illa de [[Sálvora]], onde aparece a espada mítica Excalibur, e as montañas do [[O Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro|Cebreiro]], onde se sitúa o mítico vaso do Santo Graal. ''Na noite estrelecida'', lonxe de constituír unha pura aproximación arqueoloxizante e/ou preciosista, aparece configurada como unha obra de clara intención cívica en directa conexión con aquilo que xa procurara levar adiante [[Eduardo Pondal|Pondal]] nos seus versos. En realidade, os [[cabaleiros da mesa redonda]] aparecen como un verdadeiro precedente desoutros novos das [[Irmandades da Fala]]; os uns e os outros na procura do Santo Graal, isto é na procura dun ideal no que o triunfo da fe cristiá aparece unido á vitoria dos "bos e xenerosos", aos ideais de xustiza e liberdade e, desde logo, á redención do país galego.
 
Porén, ese aspecto cívico-patriótico non anula, senón que potencia e se ve potenciado, pola enorme preocupación estética. Cabanillas leva adiante nesta obra, xa que logo, un exercicio maxistral da linguaxe. Para tal proceder botou man, fundamentalmente, de elementos de carácter modernista que, unha vez máis, "galeguiza" no seu proceso. Mais as evidentes referencias rubenianas entran en perfecta simbiose con esoutras que aluden aos decorados de [[Wagner]] ou mesmo a [[Tennyson]]. Segundo [[Xosé Ramón Pena|X. R. Pena]], "''Na noite estrelecida'' está situada no ronsel do [[Modernismo]], pero precisamente naquela dirección na que o gusto por un espazo hierático, pola melancolía e o rito (...) se achegan cara á pintura e a literatura prerrafaelistas".