Vitoria do Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma francés > lingua francesa
Liña 58:
== Herdeira ao trono ==
[[Ficheiro:Alfred Edward Chalon00.jpg|miniatura|esquerda|Vitoria en 1838.]]
Vitoria describiría máis tarde a súa infancia como «bastante melancólica».<ref>Hibbert, p. 19; Marshall, p. 25</ref> A súa nai era moi protectora, polo que tivo unha educación illada, lonxe doutros nenos da súa idade, seguindo o chamado «[[sistema Kensington]]», un conxunto de regras e protocolos elaborados pola duquesa e o seu ambicioso e dominante mordomo, sir [[John Conroy]], que segundo algúns rumores era amante da duquesa.<ref>Hibbert, p. 27; Longford, pp. 35–38, 118–119; St Aubyn, pp. 21–22; Woodham-Smith, pp. 70–72</ref> O sistema impedíalle atoparse con persoas que a súa nai e Conroy considerasen indesexables -un grupo que incluía gran parte da familia do seu pai- e tiña como obxectivo volvela débil e dependente deles.<ref>Hibbert, pp. 27–28; Waller, pp. 341–342; Woodham-Smith, pp. 63–65</ref> A duquesa evitaba a corte, pois lle chocaba que alí houbese fillos ilexítimos do rei, <ref>Hibbert, pp. 32–33; Longford, pp. 38–39, 55; Marshall, p. 19</ref> e tamén para mostrar a moralidade de Vitoria ao insistir no feito de que a súa filla evitase toda forma de indecencia sexual.<ref>Lacey, Robert (2006) ''Great Tales from English History'', Volume 3, Londres: Little, Brown, and Company, ISBN 0-316-11459-6, pp. 133–136</ref> Vitoria compartía cuarto coa súa nai, estudaba con titores privados de acordo cun horario regulado e pasaba as horas de lecer xogando coas súas bonecas e o seu [[toy spaniel inglés]], chamado Dash.<ref>Waller, pp. 338–341; Woodham-Smith, pp. 68–69, 91</ref> Aprendeu [[idiomalingua francésfrancesa|francés]], [[idiomalingua alemánalemá|alemán]], [[idiomalingua italianoitaliana|italiano]] e [[latínllingua latina|atín]],<ref>Hibbert, p. 18; Longford, p. 31; Woodham-Smith, pp. 74–75</ref> pero falaba [[idiomalingua inglésinglesa|inglés]] na casa.<ref>Longford, p. 31; Woodham-Smith, p. 75</ref>
 
En 1830 a duquesa de Kent e Conroy levaron a Vitoria ao centro de Inglaterra para visitar [[Malvern Hills]], deténdose en varios pobos e en casas de campo polo camiño.<ref>Hibbert, pp. 34-35</ref> Entre 1832 e 1835 realizaron viaxes semellantes. Para gran irritación do rei Guillerme, Vitoria foi recibida con moito entusiasmo en todos os lugares.<ref>Hibbert, pp. 35-39; Woodham-Smith, pp. 88-89, 102</ref> Guillerme considerou que esas viaxes reflectían unha ambición de realeza e temía que se empezase a ver a Vitoria como unha rival no canto de como unha herdeira.<ref>Hibbert, p. 36; Woodham-Smith, pp. 89-90</ref> A Vitoria non lle gustaban esas viaxes: as constantes aparicións públicas deixábana moi cansa e tiña pouco tempo para relaxarse.<ref>Hibbert, pp. 35-40; Woodham-Smith, pp. 92, 102</ref> A princesa acabaría opoñéndose a isto, e argumentaría que non lle gustaban ao rei, pero a súa nai ignorou as súas queixas por celos e obrigouna a continuar.<ref>Hibbert, pp. 38-39; Longford, p. 47; Woodham-Smith, pp. 101-102</ref> Mentres estaba en [[Ramsgate]], en outubro de 1835, Vitoria colleu unha forte febre, pero Conroy ignorouno e afirmou que as súas queixas eran fantasías infantís.<ref>Hibbert, p. 42; Woodham-Smith, p. 105</ref> Mentres Vitoria estaba enferma, Conroy e a duquesa intentaron que nomease a Conroy o seu secretario privado, pero a princesa negouse.<ref>Hibbert, p. 42; Longford, pp. 47?48; Marshall, p. 21</ref> Durante a súa adolescencia, Vitoria resistiu aos persistentes intentos por parte da súa nai e de Conroy para que este fóra o seu secretario.<ref>Hibbert, pp. 42, 50; Woodham-Smith, p. 135</ref> Cando chegou a raíña, acabou finalmente por apartalo da súa presenza, pero Conroy mantívose na casa da súa nai.<ref>Marshall, p. 46; St Aubyn, p. 67; Waller, p. 353</ref>