Ovo (alimento): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 312:
A presenza de salmonela nas galiñas, sen manifestaren sintomatoloxía ningunha, é un problema moi frecuente na moderna avicultura e de aí a incidencia desta forma de intoxicación. Dada a imposibilidade de que o consumidor poida sabe-lo estado das galiñas poñedoras e a dificultade de que o saiba realmente o avicultor, cómpre tomar unha serie de medidas preventivas mínimas desde o momento da posta ata o momento do consumo.
 
=== Dez consellos para previ-laprevir a salmonelose ===
Adaptados do ''Instituto de Estudios del Huevo'' :<ref>[http://www.huevo.org/scripts/salmonella.asp Ligazón morta]:</ref>
 
# Compre sempre ovos coa '''casca intacta e limpa'''. Os ovos sucios poden ser perigosos pero aínda o son máis os que teñan a casca rota.
# Respecte a '''data de consumo preferente''' que estea indicada no envase.
# '''Non lave os ovos''' antes de metelos no frigorífico. Se os quere lavar, fágao inmediatamente antes da súa preparación culinaria, pero mellor sería limpalos cun pano húmido.
# '''Calle ben as tortillas''' e, de non consumilas no momento, gárdeas no frigorífico.
# Prepare a '''maionesa''' coa máxima hixiene, consérvea no frigorífico ata o seu consumo e desbótea se non a consume dentro das 24 horas.
# '''Non rompa o ovo''' no bordo dos recipientes onde os vaia bater.
# Utilice os utensilios de bate-los ovos '''unicamente''' para esa operación.
# '''Non separe as claras''' das xemas coa propia casca do ovo nin retire cos dedos os fragmentos que poidan caer.
# Non deixe os ovos, nin os alimentos que os conteñan, a '''temperatura ambiente'''.
# Conserve sempre no '''frigorífico''' os pasteis, natillascremas, salsas, etc. e consúmaos dentro das 24 horas seguintes á súa elaboración.
 
== Os ovos na cultura popular ==