Germaine de Staël: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Liña 16:
 
==Traxectoria==
Era filla do financeiro suízo [[Jacques Necker]], ministro de [[Luís XVI de Francia]], e de [[Suzanne Curchod]]. Desde nova mostrou interese polo salón literario da súa nai. Seguidora dos filósofos franceses do [[século XVIII]], con 22 anos escribiu unha ''Carta sobre el carácter y las obras de [[Jean-Jacques Rousseau]]''. En [[1986]] casou co embaixador de [[Suecia]] en París, co que tivo tres fillos, e convertiuconverteu o seu salón nun dos principais centros literarios e políticos da capital francesa.
 
Durante a [[Revolución francesa]] tomou parte activa apoiando a [[Talleyrand]], pero trala caída da monarquía en [[1792]] abandonou Francia e viaxou a Suíza. Alí volveu contactar con [[Benjamin Constant]], ao que coñecera nunha viaxe anterior e co que tivera relacións sentimentais até [[1808]]. Os seus primeiros ensaios e a súa novela ''Delphine'', na que defende a liberdade de elección sentimental sobre os convencionalismos sociais, sitúana dentro do nacente movemento do [[Romanticismo]].