Respiración anaerobia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Na respiración anaeróbica intervén en xeral unha cadea de transporte electrónico similar á da mitocondria, con citocromos, quinonas e proteínas de ferro-xofre na que teñen lugar procesos [[redox]]. Nesta cadea realízase a reoxidación dos [[coencima]]s reducidos producidos durante a oxidación dos nutrientes. Pero na respiración aeróbica ao final da cadea estaba o osíxeno, que recollía os electróns (e transformábase en auga), e, polo contrario, na respiración anaeróbica ao final da cadea está ese outro aceptor que non é o osíxeno, por exemplo o nitrato (que ao recoller o electrón se transformaría en nitrito).
 
Todos os posibles aceptores finais de electróns da respiración anaeróbica teñen un [[potencial de redución]] menor ca o doque ten o O<sub>2</sub> na respiración aeróbica, polo que, partindo dos mesmos [[substrato encimático|substratos]] (por exemplo [[glicosa]]), a respiración anaeróbica vai xerar moita menos enerxía (ATP) ca a aeróbica.
 
Na respiración anaeróbica poden usarse, segundo a especie, [[doante de electróns|doantes de electróns]] orgánicos ou inorgánicos (como o H<sub>2</sub>), igual que na aeróbica.