Proteus anguinus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 29:
== Anatomía ==
[[Ficheiro:P anguinus-head.jpg|esquerda|miniatura|Cabeza de ''Proteus''.]]
O corpo do proteo é parecido ao dunha [[serpente]], de entre 20 e 30 [[centímetro|cm]] de lonxitude, con algúns especimes que atinguen os 40 cm. O tronco é cilíndrico, de grosor uniforme, e segmentado con sucos espazados regularmente. A cola é relativamente curta, lateralmente aplanada, e rodeada por unha aleta delgada. As extremidades son pequenas e delgadas, cun número reducido de dedos comparado con outros [[anfibio]]s: as patas dianteiras teñen tres dedos en vez dos catro normais, e as traseiras teñen só dous dedos. O seu corpo está cuberto por unha capa de [[pel]] fina, que contén unha pequena cantidade do [[pigmento biolóxico|pigmento]] [[riboflavina]], o cal pode ser amarelo, branco ou rosado. Os órganos internos poden verse a través da pel do abdome. Ten unha pigmentación da pel parecida á da pel humana "branca", polo que nalgunhas linguas se lle chama "peixe humano". Porén, a pel do proteo conserva a capacidade de producir [[melanina]], polo cal cando é exposto á luz, a súa pel se torna escura, e isto tamén pasa, ás veces, coas súas crías. A súa testa é piriforme (forma de pera), o fociño é aplanado dorsoventralmente. A abertura da boca é pequena, con dentes diminutos que forman unha especie de peneira para reter partículas máis grandes dentro da boca. As ventas do nariz son tan pequenas que case non son visibles, pero sitúanse lateralmente preto do final do fociño. Os ollos están cubertos por unha capa de pel. O proteo respira por [[branquia]]s externas que se parecen a plumas e que saen desde os lados ao final da súa cabeza. A cor destas branquias é vermella debido á súa riqueza de vasos sanguíneos que extraen oxíxeno da auga na que habita. Ten tamén [[pulmón]]s rudimentarios, mais o seu papel na respiración é só accesorio. Os sexos son moi similares, con machos que teñen unha [[Cloaca (zooloxía)|cloaca]] algo maior ca as femias.
 
=== Órganos sensoriais ===