Diferenzas entre revisións de «Pieter Saenredam»

'''Pieter Jansz Saenredam''' era fillo do impresor e debuxante de mapas [[Jan Saenredam]], con quen se iniciou na arte. Desde 1612 ata 1622 foi discípulo e axudante do pintor [[Pieter de Grebber]]. Logo de 1623 traballou como pintor independente. Despois para o seu amigo, o arquitecto [[Jacob van Campen]], pintou vistas arquitectónicas. No seu repertorio figuran vistas interiores e exteriores de igrexas do Norte holandés. ''Saenredam'' vivíu en [[’s-Hertogenbosch]], [[Assendelft]], [[Alkmaar]], [[Utrecht]], [[Amsterdam]] e [[Rhenen]], pero principalmente traballou en [[Haarlem]], onde faleceu en 1665.
 
==MétodMétodo de traballo==
Contemporáneo de [[Rembrandt van Rijn|Rembrandt]], é lembrado pola sorprendente modernidade das súas pinturas de igrexas. Saenredam conseguía ese aspecto tan moderno con as súas medicións meticulosas e con os esbozos previos que facía dos templos que desexaba pintar. Utilizaba lápis, pluma e xiz, aos que engadía acuarela que axudaba a obter a textura e colorido nos esbozos, os cales eran moi minuciosos nos detalles arquitectónicos. Conseguía a atmofera especial dos interiores con un intelixente uso da luz e unha distribución gradual das sombras. De modo deliberado, Saenredam deixaba as igrexas baleiras de xente, para lograr que o foco de atención do espectador se dirixise sobre os edificios e as súas formas arquitectónicas. Só despois do elborado traballo de medicións e precisos debuxos das igrexas, o pintor regresaba ao seu estudo onde creaba as pinturas.
 
===Obras principais===
[[Image:Saenredam_Nieuwekerk_Haarlem.jpg|250px|thumb|''Interior da Nieuwe Kerk de Haarlem'', 1652.]]
 
Consérvanse en total arredor de 50 pinturas de Saenredam. Velaí as principais:
 
* Interior da Nieuwe Kerk (Igrexa Nova) de Haarlem, 1652 (ver imaxe).
* Interior do Coro de Sint Bavokerk (San Bavón) de Haarlem, tinta sobre papel, Schlossmuseum, [[Weimar]].
* Interior de Sint Bavokerk de Haarlem, 1628, papel, [[Museo Real de Belas Artes]], [[Bruxelas]].
* Interior de Sint Bavokerk de Haarlem, 1630, óleo sobre madeira, [[Museo do Louvre]], [[París]].
* Interior de Sint Bavokerk de Haarlem, 1648, óleo sobre táboa, [[National Gallery of Scotland]], [[Edinburgo]].
* Interior de Sint Odulphuskerk (San Olafo) en Assendelft, óleo sobre táboa, [[Rijksmuseum Amsterdam|Rijksmuseum]], Amsterdam.
* Interior do Coro Sint Bavokerk de Haarlem, 1660, óleo sobre madeira, [[Worcester Art Museum]], [[Worcester]], Inglaterra.
* Interior da Nieuwe Kerk (Igrexa Nova) de Haarlem, 1652, táboa, [[Museo Frans Hals]], Haarlem
* Interior da [[Buurkerk]] (Igrexa Veciñal) en [[Utrecht]], 1644, óleo sobre madeira, [[National Gallery]], Londres.
* Interior de Sint Jacobkerk (Igrexa de Santiago) de Utrecht, 1642, óleo sobre madeira, [[Alte Pinakothek]], [[München]].
* De Buurkerk te Utrecht (A Igrexa Veciña de Utrecht), 1654, óleo sobre madeira, Colección Six, Amsterdam.
* Interior de Sint Janskerk (Igrexa de San Xoán) de Utrecht, óleo sobre madeira, [[Museum Boijmans Van Beuningen]], [[Rotterdam]].
* Het Oude Raadhuis (A Casa Vella do Concello) en Amsterdam, 1657, óleo sobre madeira, [[Rijksmuseum]], Amsterdam.
* Interior da Grote Kerk (Igrexa Grande) en Alkmaar, 1661, tinta e acuarela, Graphische Sammlung Albertina, Viena.
 
 
 
 
 
 
 
{{Commons|Category:Pieter Jansz Saenredam}}
Usuario anónimo