Gramíneas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Fitoquímica: ligazón
Liña 97:
 
=== Fitoquímica ===
As [[hemicelulosa]]s e os polisacáridos de [[pectina]]s da parede celular primaria dos pastos son moi diferentes dos das demais [[espermatófita]]s, tanto en estrutura como nas particularidades da composición dos [[xiloglucano]]s. Os polisacáridos son menos ramificados que en todas as demais familias de plantas, aínda que esta afirmación está baseada nunha mostraxe aínda escasa de especies. As poáceas poden ser cianoxenéticas ou non. Cando son cianoxenéticas, os compostos cianoxenéticos son derivados da tirosina. Poden presentar [[alcaloide]]s (ás veces [[Quinoleína|isoquinolina]], [[pirrolizidina]] e [[indol]]). Raramente pode haber [[proantocianidina]]s e cianidinas, en cantidades traza, e só en representantes das subfamilias [[Panicoideae]] e [[Chloridoideae]]. Os [[flavonoides]] acháronse só nalgúns xéneros, ''[[Bouteloua]]'' ''[[Glyceria]]'' e ''[[Melica]]'',<ref>Herrera, Y. & Chairez, I. 2005. Flavonoids of the genus ''Bouteloua'' (Poaceae) from Mexico. Núm.20, pp.17-29, ISSN 1405-2768; México.
[http://www.herbario.encb.ipn.mx/pdf/pb20/flavo.pdf Artigo en inglés]</ref> cando están presentes son [[quercetina]], ou [[kaempferol]] xunto con quercetina.