Grunge: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 14:
 
[[Kurt Cobain]] foi un dos creadores do grunge. Integrante de Nirvana morreu no [[1994]] dun tiro na cabeza. Tras a súa morte a forza vital do movemento foise esvaecendo ata ser substituída como movemento musical destacado polo [[britpop]] na segunda metade dos noventa.
 
== Orixe do termo ==
Aínda que o escritor Paul Ramball usou a palabra "grunge" nun artículo de [[1978]] da revista ''[[NME]]'' para describir o rock ''mainstream'', [[Mark Arm]], o vocalista da banda de [[Seattle]] [[Green River]] (e posteriormente en [[Mudhoney]]) adoita a ser considerado o primeiro en usar o término grunge para describir este xénero musical. Arm usouno por vez primeira en [[1981]], cando escribiu unha carta co seu nome de pila Mark McLaughlin ao fanzine de Seattle ''Desperate Times'', criticando á súa banda Mr. Epp and the Calculations como "Pure grunge! Pure noise! Pure shit!" (Puro grunge! Puro ruído! Pura merda!). Clark Humphrey, editor de ''Desperate Times'', cita este feito como o primeiro uso do termo para referirse a unha banda da cidade, e menciona que [[Bruce Pavitt]] de [[Sub Pop]] popularizou a palabra coo etiqueta musical en 1987–88, usándoa en varias ocasións para describir a Green River.
 
==Características==