Estadio Municipal El Molinón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
O '''Estadio Municipal El Molinón''' atópase na cidade de [[Xixón]], na comunidade autónoma de [[Asturias]]. Nel dispútanse os encontros de fútbol que o [[Real Sporting de Gijón]] xoga como local e en ocasións tamén é empregado para facer concertos musicais.
 
Está situado no Parque Isabel ala Católica, flanqueado polo [[río Piles]]. O seu nome fai referencia a unha gran [[acea]] (muiño hidráulico) que se erguía no lugar cando foi construído.
 
Non se coñecen con exactitude as datas da súa construción e inauguración. A primeira referencia á súa existencia, no diario local [[El Comercio (Xixón)|El Comercio]], data do [[20 de maio]] de [[1908]], data en que se disputa un encontro cuxa nota na prensa non o presenta como algo excepcional, o cal fai sospeitar que o escenario xa era coñecido polos xixoneses e, por tanto, a existencia do estadio é aínda máis antiga.