Andrei Tarkovskii: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 13:
Pero os principios de Tarkovski eran moi sólidos, tiña formulada unha extensa teorización a partir deste filme, que despois iría limando e recompoñendo, pero que xa sentaba as bases do seu [[cinema|cine]]. Ao fin, no [[1969]], a película foi mostrada en [[Cannes]], aínda que fora de concurso. Comezaban con esta cinta todas as tensións do cineasta co goberno do seu país, que influirían moito na súa traxectoria.
 
A seguinte película que vería a luz sería unha adaptación da obra do filósofo e escritor [[Polonia|polaco]] [[Stanisław Lem]]: ''[[Solaris (1972)|Solaris]]''. Era unha obra de ciencia ficción algo posterior ó éxito de [[Stanley Kubrick]], ''[[2001: Unha odisea do espazo]]'', baseada nunha obra de Arthur Clarke. O mesmo que o do tándem [[Kubrick]] - Clarke, aquel filme suscitou moitos debates filosóficos tanto na [[URSS]] coma noutros países onde foi proxectada.
 
''O espello'' (1975) foi a película a seguir, tamén realizada na [[Unión Soviética]], e que marcaba claramente o carácter cinematográfico de Tarkovski e os seus ideais [[Estética|estéticos]]. De novo foi obxecto de boicot do seu goberno, chegando case á desesperación. O filme foi tachado e relegado. Mais aínda así realizou outra longametraxe na [[URSS]], titulada ''Stalker'' (1978).