Théophile Gautier: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
Nerk (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 31:
=== Poesía da madureza ===
''España'', de [[1845]] adoita considerarse unha obra de transición. É un volume de 43 poemas de temas variados inspirados polas súas viaxes por España no verán de 1840. Neses poemas Gautier escribiu sobre aspectos diversos, deles algúns convencionais, da cultura e as tradicións españolas.
''Émaux et Camées'' (Esmaltes e Camafeos) de [[1852]] foi publicado durante unha viaxe polo Oriente Próximo e tense pola mellor obra do seu autor. O título reflexareflicte o abandono da ambición romántica de crear a obra de arte "total" que inclúa a participación emocional do lector, en favor dun punto de vista máis moderno máis centrado en aspectos formais. A obra empezou como colección de 18 poemas en 1852, e chegou os 37 en anos posteriores.
 
''Dernières Poésies'' (Derradeiros poemas) de [[1872]] e unha colección de poemas que van de pezas dos seus primeiros anos a fragmentos inacabados de pouco antes da morte do autor. Dominan os sonetso dedicados a amigos do poeta.