Diferenzas entre revisións de «Proteína fibrosa»

 
==Estrutura==
As escleroproteínas forman longos filamentos proteicos, formados por moitas moléculas da proteína. Aparecen como agregados insolubles e inertes, debido ás [[cadea lateral|cadeas laterais]] [[hidrófobo|hidrofóbicas]] que colgan da molécula.
 
A secuencia peptídica de moitas escleroproteínas xeralmente contén unha variedade limitada de residuos de aminoácidos que se repiten; ás veces forman [[estrutura secundaria das proteínas|estruturas secundarias]] especiais, como a [[hélice do coláxeno]]. As estruturas a miúdo están enlazadas coas adxacentes por medio de [[enlaces de hidróxeno]] ou de [[ponte disulfuro|pontes disulfuro]] entre [[cisteína]]s.
177.300

edicións