Glándula gástrica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 25:
==Histoloxía==
Nas distintas zonas da glándula atopamos diferentes tipos celulares que producen [[moco]], [[ácido clorhídrico]], [[encima]]s dixestivos e [[hormona]]s. As células produtoras de hormonas ([[serotonina]], [[histamina]], [[gastrina]]) están espalladas por calquera parte da glándula. O final da foveola gástrica (ou fosiña gástrica) está formado por células foveolares do tipo das células mucosas superficiais similares ás que revisten a superficie da mucosa luminal estomacal. Despois empeza a glándula gástrica, que se divide nas seguintes partes:
* '''Istmo'''. É a parte inicial, que contén [[célula foveolar|células mucosas superficiais]] produtoras de moco e [[célula parietal|células parietais]] (ou oxínticas) produtoras de ácido clorhídrico.
* '''Colo'''. Situado despois do istmo. Formado principalmente por [[célula foveolar|células mucosas do colo]] produtoras de moco, e por células oxínticas. Hai unha transición entre as células mucosas superficiais e as células mucosas do colo, polo que estas empezan a aparecer no istmo e son predominantes no colo. A zona do colo é a parte da glándula onde se observan [[mitose]]s.
* '''Fondo'''. Parte distal final, onde predominan as células principais ou cimoxénics produtoras de [[pepsinóxeno]] e outros encimas. Pode haber tamén alí células parietais e células mucosas do colo. Nalgunhas glándulas as células mucosas do colo son especialmente abundantes no fondo.
 
==Notas==