Diferenzas entre revisións de «Rexionalismo galego»

(→‎Outros artigos: Ligazóns CC e RG)
Segundo explica [[Xosé Ramón Barreiro Fernández]], o rexionalismo galego parte da base da crise agropecuaria finisecular e dos problemas económicos que esta trouxo consigo. Isto, unido ás críticas ao centralismo e ao sistema [[caciquismo|caciquil]], conlevou a aparición de tres correntes diferentes dentro do movemento rexionalista.
 
[[Ficheiro:Alfredo Brañas,Branas Menendez (1859-1900). Writer and ideologue of Galician regionalism. Engraving by Thomas Pijoliu in The Catalan CarballoIllustration, Galiza1882.jpgJPG|dereita|130px175px|miniatura|[[Alfredo Brañas]], autor de ''El regionalismo. Estudio sociológico, histórico y literario'' (1889).]]
===Correntes do movemento rexionalista===
[[Ficheiro:Alfredo Brañas, Carballo, Galiza.jpg|dereita|130px|miniatura|[[Alfredo Brañas]], autor de ''El regionalismo. Estudio sociológico, histórico y literario'' (1889)]]
Apuntan historiadores como [[Xusto Beramendi]] ou Luís Obelleiro tres correntes diferentes e contraditorias dentro do movemento rexionalista. Estas son:
 
*'''A corrente federalista''': estaba liderada por [[Aureliano Pereira]], e a maioría dos seus simpatizantes pertencían ao [[Partido Republicano Federal]]. Afirma Luís Obelleiro que esta corrente defendeu o marco definido no Proxecto de Constitución para o futuro Estado político galego.
 
Calquera das tres correntes eran partidarias da autonomía política de [[Galiza]], a cal debía recuperar e preservar as súas particularidades identitarias culturais e lingüísticas.
 
===A '''[[Asociación Regionalista Gallega]]'''===
Unha vez definido e consolidado, o rexionalismo galego precisaba dun marco común que permitise e organizase as tres correntes antes citadas. E esta foi a Asociación Regionalista Gallega, constituída en [[1891]] e cuxo primeiro presidente foi [[Manuel Murguía]]. A esta asociación debémoslle iniciativas de tipo político-cultural, como a organización dos [[Xogos Florais de Tui]] ([[1891]]) ou a campaña de axitación e propaganda do traslado dos restos de [[Rosalía de Castro]] a [[San Domingos de Bonaval]]. Mais tamén é a Asociación Regionalista Gallega a nai de iniciativas de tipo unicamente político, como a presentación dunha candidatura para o concello de [[Santiago de Compostela]] ou as protestas realizadas contra o falido traslado da Capitanía Xeral desde [[A Coruña]] ata [[León, España|León]].
185.082

edicións