Pío Rodríguez Terrazo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Castelao (conversa | contribucións)
Data de falecemento
Liña 1:
'''Pío Rodríguez Terrazo''', nado en [[Berán, Leiro|Berán]] ([[Leiro]]) e finado en [[Santiago de Compostela]] o [[26 de xaneiro]] de [[1872]]<ref>''[[El Diario de Santiago]]'', 26-1-1875. Tódalas esquelas de anos sucesivos informan que o ano da súa morte foi o de 1872, mais, na esquela publicada en ''[[La Gacetilla de Santiago]]'' en 25 de xaneiro de 1873, se di que foi en 1871.</ref>, foi un xurista e político galego.
 
==Traxectoria==
Estudante de Leis na [[Universidade de Santiago de Compostela]], tivo problemas en 1825 para matricularse polos seus antecedentes liberais. Afincouse en Santiago de Compostela como avogado e despois como fiscal. Foi o primeiro alcalde de [[Santiago de Compostela]] ([[1834]]) e líder do [[Partido Liberal Progresista|progresismo]] en Compostela (1840-1847) formou parte de todas as xuntas revolucionarias dos pronunciamentos. Fundou o periódico ''[[La Situación de Galicia]]'' (1842-1843). Foi presidente da Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia durante o [[Mártires de Carral|levantamento de 1846]] e formou comisións encargadas de abordar plans para a administración de Galicia. Despois da derrota dos sublevados exiliouse a [[Portugal]] e regresou en [[1847]] para dedicarse aos negocios familiares.
 
==Vida persoal==
Estivo casado dúas veces: a primeira, con Manuela Aller; a segunda, con Ignacia Palacios Jauriviriguerry.
 
==Véxase tamén==