Corasmia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 43 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q182647
Nerk (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 9:
Corasmia xurdiu na historia tras un pasado nómade durante a [[Idade de Bronce]] cando se converteu en parte da satrapía 16 do Imperio Aqueménida de Persia a finais do [[século VI a.C]]. Ciro o Grande caeu na batalla contra os masaguetas nómades arredor do ano 530 a.C. e Darío I consolidou o imperio a finais do século, momento no que Corasmia aparece na súa lista de impostos, xunto cos partos, sogdianos e arrianos. A evidencia arqueolóxica amosa un cambio abrupto na cultura material neste momento. Os ex semi-nómades da cultura Andronovo foron sustituidos pola nova arquitectura 'Urban', sofisticados sistemas de rego e cerámica que ten paralelos en numerosos lugares do sur de Asia Central dos séculos VII-VI d.C.
 
A primeira etapa histórica chámase "período arcaico" (séculos VII-VI -V-IV a.C.). Dúas vilas importantes deste período atópanse ao norte de Turcmenistán, en Kiuzeli-g'ir e Kalal'i-gir 1. Kalal'i-gir 1 había capiteis de pedra e ten unha arquitectura que reflexareflicte a influencia persa. Na opinión dos académicos é que arredor do século V antes de Cristo quedaba pendente do control persa esta remota provincia ata a primeira parte do período seguinte, o «período antigo (século IV a. C. - século I a.C.), Corasmia foi un estado independente. Moitas fortalezas, granxas, cidades fronteirizas e polo menos dous grandes sitios 'urbanos' dátanse deste período incluíndo os sitios de Kazakl'i-yatkan e Tashk'irman-Tepe.
 
Polo S. II d.C., Corasmia caeu baixo a influencia, cando non no dominio directo , do Imperio Cuxano (ou Kushan). O corazón do Imperio residía ao noroeste da India, pero a extensión do seu control e influencia fixéronmos donos dunha cuarta parte do mundo coñecido, xunto cos romanos, os partos e os chineses. A magnícifa vila corasmia de Toprak-Kala reflexareflicte o esplendor destes tempos. A súa arquitectura, a escultura e pinturas murais son totalmente diferentes de calquera cousa que lles precedesen. O "período cuxano en Corasmia durou ata o século IV d. C., cando os hunos comezaron a desprazarse cara o Asia Central.
 
== A lingua corasmia ==