Unión septada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Septatejunction.jpg|miniatura|dereita|Unión septada na mosca ''[[Drosophila]]''.]]
As '''unións septadas''' son un tipo de [[unión celular|unión intercelular]] que se encontra entre células epiteliais de invertebrados, que ten un aspecto que lembra a unha escada visto con microscopio electrónico. As células epiteliais que as posúen están unidas por finos septos perpendiculares entre as membranas de dúas células veciñas. Crese que proporcionan forza estrutural e permiten a función de barreira para a [[difusión]] de solutos a través do espazo intercelular. Considéranse en parte análogas ás [[unión hermética|unións herméticas]] de vertebrados, e teñen a súa mesma función de barreira paracelular, aínda que entre ambas hai tamén bastantes diferenzas. En realidade, as funcións das unións herméticas de vertebrados exércenas varios tipos de unións intercelulares nas moscas, o cal indica que as funcións e vías de [[sinalización celular|sinalización]] destas unións conserváronse, pero reagrupáronse de diferentes xeitos en distintos tipos de unións ao longo da evolución. Polo menos as de ''[[Drosophila melanogaster]]'', conteñen proteínas do tipo das [[claudina]]s,<ref>M. Furuse, S. Tsukita: Claudins in occluding junctions of humans and flies. In: Trends in Cell Biology. 2006; 16: 181-188. PMID 16537104. </ref><ref>Kevin S. Nelson, Mikio Furuse, Greg J. Beitel. The Drosophila Claudin Kune-kune Is Required for Septate Junction Organization and Tracheal Tube Size Control. Genetics xullo 2010 vol. 185 no. 3 831-839. [http://www.genetics.org/content/185/3/831.short]</ref> igual que as unións herméticas.<ref>{{cite journal|last=Matter|first=Karl|author2=Balda, M |title=Signalling to and from tight junctions|journal=Nature Reviews Molecular Cell Biology|date=March 2003|year=2003|volume=4|pages=225–237|doi=10.1038/nrm1055|pmid=12612641|url=http://www.nature.com/nrm/journal/v4/n3/fig_tab/nrm1055_F3.html|accessdate=6 January 2013}}</ref>
 
==Notas==