Roadrunner Records: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Modelo:RUb -> Modelo:GBRb
Nerk (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 25:
O [[11 de xuño]] do [[2008]], Roadrunner Records foi votado comoo "Mellor selo de metal" pola revista ''[[Metal Hammer]]'' nos seus Golden Gods Awards<ref>[http://www.blabbermouth.net/news.aspx?mode=Article&newsitemID=74753 Premios Metal Hammer]</ref>, un premio que gañou catro anos consecutivos dende entón. O galardón foi recollido por Sharon Den Adel e Ruud Jolie de [[Within Temptation]], unha das bandas máis grandes de Roadrunner.
 
Porén, Roadrunner tamén ten sido acusada de só estar interesada na música alternativa actual ou de moda, cousa que se reflexareflicte nos artistas cos que ten contrato. O exemplo máis notable disto é o tratamento ás principais bandas de [[death metal|death]] e [[thrash metal]] do selo durante os 90, como [[Obituary]], [[Deicide]], [[Death]], [[Gorguts]] e [[Pestilence]], que foron expulsados ou deixaron a etiqueta despois de que non os tratasen ben. Un dos primeiros nomes do selo, [[King Diamond]] (que orixinamente asinara cando estaba en [[Mercyful Fate]], antes de iniciar a súa carreira en solitario), deixou Roadrunner alegando falta de promoción para o seu disco de [[1990]] ''[[The Eye]]''. [[Type O Negative]] deixou Roadrunner en [[2006]] tras unha disputa polo lanzamento dun recompilatorio por parte do selo, ''[[The Best of Type O Negative]]'', sen notificarllo previamente á banda, que acabaron por aceptar unha oferta de [[SPV Records]]. No ano [[2008]] [[Amanda Palmer]] foi informada polo selo de que querían reeditar o seu video de "Leeds United" para facer que ela aparecese máis delgada, provocando moitas caixas dos seareiros na internet. O [[6 de abril]] do [[2010]] Palmer anunciou a través da súa conta de [[Twitter]] que Roadrunner xa non contaba con ela<ref>[http://twitpic.com/1dnsb9 Chío de Amanda Palmer en Twitter anunciando a noticia]</ref>. As queixas máis recentes contra Roadrunner proceden dos artistas [[Megadeth]] e [[Jose Morales]]<ref>[http://www.metalunderground.com/news/details.cfm?newsid=50383 metalunderground.com - Megadeth Frontman Dave Mustaine Slams Roadrunner Records {{en}}]</ref>.
 
A Roadrunner Records afectoulle significativamente a disputa legal de Warner Music Group contra [[YouTube]], ao ter que pechar a súa conta no portal de videos. A meirande parte dos videos da súa canle, porén, aínda están dispoñibles para a súa visualización.