Muros, Muros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
corrixo
Nerk (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 14:
 
==Patrimonio==
A [[Igrexa (arquitectura)|igrexa]] [[Parroquia eclesiástica galega|parroquial]] é de estilo [[Arquitectura gótica|gótico]], e anteriormente era coñecida como a ''Colexiata de Santa María do Campo''. Mandouna construír [[Lope de Mendoza]] no [[século XIV]], sendo terminada en [[1400]], segundo a inscrición encravada na [[porta]] principal. Diante da mesmaigrexa esténdese un gran [[adro]], onde na [[Idade Media]] se reunía o [[Concello]] que gobernaba a vila.
 
Consta dunha única e ampla [[Nave (arquitectura)|nave]] dividida en cinco tramos. A [[capela]] maior, situada na cabeceira, está cuberta cunha vistosa [[Bóveda (arquitectura)|bóveda]] de crucería. A nave está cuberta a dúas augas cun teito de madeira, que repousa sobre [[Arco (arquitectura)|arco]]s apuntados.
Liña 22:
No exterior ten unha torre [[campanario]] [[barroca]], rematada en [[1757]]. Presenta unha [[balaustrada]] pétrea no corpo das campás, ademais dun [[pórtico]] cuberto situado sobre a entrada principal. A campá máis grande desta igrexa, aínda en uso, foi un regalo de [[Eugenio Montero Ríos]], e foi traída nun [[carro]] de [[vaca]]s. É coñecida como "a campá de Montero".
 
A imaxe máis venerada na vila é unha imaxe do ''Cristo da Agonía'', unha representación barroca na que se reflexareflicte unha grangrande expresión de sufrimento. Encóntrase no altar das Dores e sae en procesión o [[Venres Santo]]. Ao parecer foi encargada polo Gremio dos Mareantes da vila.
 
A capela de [[Roque de Montpellier|San Roque]] foi reedificada en [[1765]], se ben segundo o [[Cardeal Hoyo]] xa existía en [[1609]]. Considérase de fundación popular. Conta cunha dobre escalinata, amplo [[patio]] de [[cantería]] e nave central e [[sancristía]] abovedadas.