Fase dunha onda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nerk (conversa | contribucións)
m Retiro o marcador de "revisión ortográfica"
Nerk (conversa | contribucións)
m imaxe
Liña 1:
[[Ficheiro:Simple harmonic motion.svg|miniatura|dereita|300px|Nun movemento harmónico simple; ''A'' é a amplitude e ''T'' é o período, dados dous instantes <math>\scriptstyle t_1</math> e <math>\scriptstyle t_2</math>, tales que <math>\scriptstyle t_1 - t_2 = 2k\pi, k\in \mathbb{Z}</math> presentan a mesma fase da onda.]]
A fase indica a situación momentánea nun ciclo dunha magnitude que varía ciclicamente, sendo a fracción do período transcorrido dende o instante correspondente ao estado tomado como referencia. Pódese representar un ciclo nun círculo de 360º, dicindo que a fase é a diferenza en graos entre un punto dentro deste círculo e o seu comezo; unha rotación de 360º é equivalente a un ciclo completo.
 
Liña 12 ⟶ 13:
O certo é que os problemas de fase son algo bastante habitual e na maioría dos casos aprécianse co oído: cando se sente que o son non ten graves sábese que está fóra de fase, aínda que para se decatar disto dunha forma moito máis precisa e profesional necesítase un "medidor de fase" (algúns ''plug-ins'' inclúeno). Cando se sabe que existe este desfase pódese optar por varias solucións eficaces e doadas de executar, como redistribuír os micrófonos empregados dunha forma sutil; cando haxa dous micrófonos fóra de fase débese mover un deles, e un cambio dalgúns centímetros pode ser suficiente, probando pouco a pouco se os graves volven amosar o seu brillo normal.
 
A solución máis común, un botón no ''previo'' do micrófono ou na propia canle da mesa de mesturas de audioson que inviste a polaridade do sinal eléctrico, non sempre funciona; é un cambio de 180º e, en moitos casos, iso pode ser demasiado. Existen ademais outros aparatos que poden arranxar este problema variando a fase dende 0º a 180º con todos os pasos intermedios; teñen un circuíto interno de retardo que se pode cambiar ata atopar un punto que guste, facéndoo de oído.