Tradición oral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado imaxe
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=setembro de 2014}}
[[Ficheiro:Kyrgyz Manaschi, Karakol.jpg|miniatura|Un ''manaschi'' da etnia quirguiz recitando o ''Poema de manas''.]]
Defínese como '''tradición oral''' a forma de transmitir desde tempos anteriores a [[cultura]], a [[experiencia]] e as [[tradición|tradicións]] dunha [[sociedade]] a través de [[relato]]s, [[canto]]s, [[Oración (relixión)|oracións]], [[lenda]]s, [[fábula]]s, [[conxuro]]s, [[mito]]s, [[contosconto]]s etc.
 
== Historia e características ==
Transmítese de pais a fillos, de xeración a xeración, chegando ata os nosos días, e ten como función primordial a de conservar os coñecementos ancestrais a través dos tempos. Dependendo do contexto os relatos poden ser [[Antropomorfismo|antropomórfico]]s, [[Teogonía|teogónico]]s, [[Escatoloxía (fisioloxía)|escatolóxico]]s, etc.
 
Desde épocas remotas en que os seres humanos comezaron a comunicarse a través do [[fala]], a oralidade foi fonte de trasmisióntransmisión de [[coñecemento]]s, ao ser o [[medio de comunicación]] máis rápido, fácil e utilizado. Esta forma de transmisión adoita distorsionar os feitos co paso dos anos, polo que estes relatos sofren variacións nos xeitos de contarse, perdendo ás veces o seu sentido inicial.
 
A tradición oral foi fonte de grande información para o coñecemento da [[historia]] e [[costume]]s de gran valor fronte aos que defenderon a [[historiografía]] como único método fiable de coñecemento da [[Historia]] e da [[vida]]. A sociedade occidental actual perdeu e segue perdendo en grande medida as tradicións orais, e na actualidade en moitas culturas só aparecen recollidas nos mellores casos en libros, audiossons ou vídeos; esta perda da tradición oral debeuse e débese principalmente ao grande influxo actual dos medios de comunicación, que en moitos casos fan diminuír a comunicación familiar e a transmisión da cultura tradicional, así como a novos cambios nos hábitos da vida onde as tecnoloxías son máis valoradas que as tradicións.
 
==Véxase tamén==
Liña 14 ⟶ 15:
* [[Proverbio]]
* [[Conto de fadas]]
* [[Lírica tradicional]]
* [[Música tradicional galega]]
 
* [[Historia oral]]
* [[Tradición apostólica]]
 
[[Categoría:Folclore]]