Pazo de Hermida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
→‎Historia: aparece nas Cantigas de Santa María
Dodro (conversa | contribucións)
Liña 5:
 
==Características==
Encóntrase situado nunha ladeira e cunha boa vista de [[Padrón]] e do val. Atópase nun terreo de máis de 500 [[ferrados]]<ref name="ferrado">Un ferrado equivale a 420 m² no concello de Dodro.</ref>, unha das extensións máis grandes da comarca. Esta parcela está amurallada de pedra e repoboada de piñeiros na parte máis afastada da edificación. A situación na que se encontra o edificio crea un recanto moi agradable, cuberto por unha viña e cunha fonte de pedra no extremo.
 
A fachada principal do pazo presenta un corpo central e dúas torres de planta cuadrangular en cada extremo. Cara á parte posterior desenvólvese formando un L resultado dunha ampliación arquitectónica, aínda que nun principio a estrutura debeu ser rectangular. Na fachada suroeste hai unha pequena terraza con balaustrada de pedra.