Poalla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
traducido de https://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Chuvisco&oldid=34892316
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 20 de setembro de 2014 ás 16:32

A poalla é un tipo de precipitación meteorolóxica caracterizada por ter un tamaño de gota pequeno (usualmente menor de 0,5 mm de diámetro) dando a impresión de que as gotas flotan en vez de caer. A poalla orixínase en nubes relativamente baixas e de pouco desenvolvemento vertical como son os estratocúmulos.

Neno xogando nunha tarde de poalla e nébona.

Aínda que a súa intensidade é usualmente menor á da choiva, a poalla pode ser o suficientemente copiosa como para producir acumulacións da orde de 1 mm/h.

Recibe tamén os nomes de babuña, babuxa, barbaña, barbuza, barrallo, barrufa, barruñeira, barruzo, borralla, breca, chuvisca, chuviscada, chuviñada, froallo, lapiñeira, marmaña, mollaparvos, melear, orballo, parruma, parrumada, patiñeira, patumeira, poallada, poalleira, poallo ou zarzallo.