Bilirrubina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 53:
A hemo-oxigenasa degrada o grupo hemo nos macrófagos, abrindo o [[tetrapirrol|anel tetrapirrólico]] nunha molécula lineal, e dando como resultado [[ferro]] libre (oxídase o Fe<sup>2+</sup> a Fe<sup>3+</sup>), e unha cadea de 4 aneis [[pirrol|pirrólicos]], a que será o substrato de formación da bilirrubina. Durante as horas ou os días seguintes os macrófagos liberan o [[ferro]] da hemoglobina que será transportado pola [[transferrina]] ata a medula ósea (para formar novos eritrocitos), ou almacenado no fígado e outros tecidos en forma de [[ferritina]] para situacións de necesidade.
 
Os macrófagos dos tecidos transforman a [[porfirina]] da hemoglobina en bilirrubina que viaxa unida á [[albumina]] sérica humana|albumina sérica]] ([[proteína]] transportadora) polo torrente sanguíneo ao fígado, onde se separan, e a bilirrubina se secreta pola [[bile]] (por iso a cor amarela-verdosa da bile) e degrádase.
 
Cando o nivel de bilirrubina no sangue aumenta (valores normais de 0,3 a 1 mg/dl), acumúlase nos tecidos, sobre todo aqueles con maior número de fibras elásticas (padal, conxuntiva). Se é maior de 2 a 2,5 mg/dl, obsérvase unha coloración amarelada da [[pel]] e [[mucosa]], un fenómeno coñecido como '''[[ictericia]]'''.