Cogomelo de pé aveludado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Esta achega baséase na versión española da Wikipedia [es:Flammulina velutipes]
 
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 34:
 
== Características ==
O cogomelo adoita medrar nos toros do [[lodoeiro chinés]] (''[[Celtis sinensis]]''), denominado ''enoki'' no Xapón, aínda que tamén poden atoparse noutras árbores coma as [[Moreira (árbore)|moreiras]] ou os [[caquiceiro]]s. A diferenza na aparienciaaparencia dos cogomelos salvaxes e cultivadas é notoria. Os cogomelos cultivados non están expostos á luz, resultando nunha cor abrancazada, mentres que os bravos soen ter unha cor acastañada escura. Os cogomelos cultivados medran nunha contorna de alta concentración de CO<sub>2</sub> para produciren pés magros e alongados, mentres que os bravos teñen os pés máis curtos e grosos.
 
A variedade que se atopa nos supermercados é sempre a cultivada, normalmente nunha botella de plástico ou nunha saqueta de vinilo durante 30 días a 15&nbsp;°C e unha humidade do 70%, nun substrato de [[serraduras]] ou mazaroca de millo, ademais doutros ingredientes. Máis tarde, o cogomelo medra durante outros trinta días nunha contorna máis frío pero máis húmida. O crecemento está restrinxido a un papel de forma cónica para obrigar ao cogumelo a medrar de xeito magro e alongado. Os cogomelos dos supermercados a miúdo teñen mostras da botella arredor da base.<ref>[http://www.world-mushroom.com/enoki/e_enokitake.htm Cultivo de ''Flammulina velutipes'' {{en}}]</ref>