Anselmo de Friúl: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Son escasas as informacións directas sobre o personaxe, que ascendeu ao trono ducal de [[Cividale]] no [[749]] (en asociación con [[Pedro de Friúl|Pedro]]), cando [[Aistulfo]], xa duque tras a elección de [[Rachis]] como soberano dos [[longobardos]], se converte á súa vez en rei en [[Pavía]]
 
A tradición da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] identifícao con '''san Anselmo de [[Nonantola]]''', que tería abandonado o trono ducal no [[750]]-[[751]], cando se retirou no mosteiro de [[Fanano]], que el mesmo fundaran un lugar que lle doara o rei Aistulfo, o cal tería casado coa súa irmá Xisaltruda. Dous anos máis tarde, sobre o [[752]], fundou o mosteiro de Nonantola, sempre preto de [[Módena]], para despois dirixirse a [[Roma]], onde o [[Estevo III, papa|Estevo III]] lle doou algunhas reliquias de [[Silvestre I, papa|san Silvestre]] e o nomeou [[abade]] de Nonantola. Despois fundou hospitais para pobres e enfermos, pero no [[756]] foi expulsado de Nonantola polo novo rei longobardo, [[Desiderio]], que emprendera unha vasta operación de reorganización dos mosteiros do [[reino longobardo]] para garantirse o seu apoio. Anselmo retirouse a [[Montecassino]] ata o [[774]] cando, deposto Desiderio por [[Carlomagno]], puido volver a Nonantola, onde morreu no [[805]]. Canonizado pola Igrexa Católica, a súa festa é o [[3 de marzo]].
 
Unha identificación alternativa, hipotética e indutiva, é, en cambio, co terceiro fillo de [[Pemón de Friúl|Pemón]] e Ratperga, xunto a [[Rachis]] e [[Aistulfo]]: '''Ratchait'''. Se a correspondencia è correcta, tamén a el se lle aplicaría a cualificación de "valoroso" atribuída por [[Paulo Diácono]] a todos os fillos de Pemón. Ratchait aparece na corte de [[Liutprando]] xusto antes da deposición do pai a favor de Rachis, no momento no que o soberano ordena o arresto dos que apoiaban ao duque deposto.