Ovoalbumina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 15:
 
==Estrutura==
A ovolbumina de galiña consta de 385 [[aminoácido]]s, e a súa masa molecular relativa é 45 [[dalton (unidade)|kDa]].<ref name="Nisbet">Nisbet AD, Saundry RH, Moir AJG, Fothergill LA, Fothergill JE (1981) The complete amino-acid sequence of hen ovalbumin. ''European Journal of Biochemistry'' 115(2): 335.</ref> A ovoalbumina tamén ten varias modificacións, como a acetilación [[N-terminal]] (G1), [[fosforilación]] (S68, S344), e [[glicosilación]] (N292).<ref name="Nisbet" /> É rica nos aminoácidos [[xofre|xofrados]] [[cisteína]] e [[metionina]], polo quee presenta 4 grupos [[sulfhidrilo]] e forma dúas [[ponte disulfuro|pontes disulfuro]]; ditas pontes aumentan cando se almacena a proteína.<ref name=Gil/> Como contén fósforo e glícidos unidos é unha fosfoglicoproteína, que está integrada por tres fraccións (A1, A2 e A3 na proporción 85:12:3) con distinto contido de fósforo.<ref name= Gil/>
 
A ovoalbumina segrégana as células do epitelio do oviduto e pasa a formar parte do ovo, xa que non se orixina no óvulo orixinal nin nas súas cubertas. A diferenza do que ocorre coas secuencias sinal da maioría das proteínas que son segregadas, a [[péptido sinal|secuencia sinal]] da ovoalbumina non se elimina posteriormente. Ademais, esta secuencia non está situada directamente no extremo N-terminal, senón internamente, empezando no residuo 21 e finalizando no residuo 47.<ref>Robinson A, Meredith C, Austen BM (1986) Isolation and properties of the signal region from ovalbumin. ''FEBS Letters'' 203(2): 243-246.</ref>