Diferenzas entre revisións de «Zacharias Werner»

sen resumo de edición
(→‎Obras: véxase tamén)
Estudou [[Dereito]] na Universidade de Königsberg, e foi ás clases de [[Immanuel Kant]]. Na súa perspectiva vital recibiu tamén a influencia de [[Jean-Jacques Rousseau]] e os seus seguidores alemáns. Tivo unha vida irregular, cunha serie de matrimonios desgraciados. Con todo, o seu talento foi recoñecido axiña, e en 1793 converteuse en secretario de cámara da administración prusiana en [[Varsovia]]. En 1805 obtivo un despacho en [[Berlín]], pero dous anos despois deixou a administración pública para comezar a viaxar.
 
No curso das súas viaxes, por correspondencia, coñeceu moitas figuras literarias eminentes da época, como [[Goethe]] en [[Weimar]] ou [[Germaine de Staël]] en [[Coppet]]. En [[1811]], en [[Roma]] uniuse á [[Igrexa Católica Romana|igrexa católica]]. Foi consagradoordenado sacerdote en 1814 en [[Aschaffenburg]], e durante un tempo mudou a pluma polo púlpito, converténdose nun predicador popular en [[Viena]], onde durante un congreso en 1814 os seus elocuentes sermóns foron escoitados por un nutrido público. Tempo despois foi nomeado sacerdote da catedral de [[Kamianets-Podilskyi|Kaminiec]].
 
==Obras==
70.847

edicións