Charles Stewart Parnell: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{sen referencias|data=setembro de 2014}}
[[Ficheiro:CSParnell.jpg|miniatura|500px|Charles Stewart Parnell]]
'''Charles Stewart Parnell''', nado en [[Avondale]], [[condado de Wicklow]], [[Irlanda]], o [[27 de xuño]] de [[1846]] e finado en [[Brighton]], [[Inglaterra]], o [[6 de outubro]] de [[1891]], foi un político [[nacionalismo irlandés|nacionalista irlandés]], fundador e líder do [[Partido Parlamentario Irlandés]].
Liña 28 ⟶ 29:
 
=== Crise de confianza e falecemento ===
[[Ficheiro:Parnellgrave.jpg|miniatura|200px|Tumba de Parnell no cemiterio católico de Glasnevin, Dublín.]]
Parnell iniciou relacións sentimentais con Katharine O'Shea, esposa do seu compañeiro de partido William O'Shea. Finalmente, William e Katharine divorciáronse. A [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] nun primeiro momento gardou silencio, aínda que a práctica do divorcio estaba prohibida por aquel entón e a maior parte dos seguidores parnelitas eran católicos. Sendo como era Parnell a causa do divorcio, a opinión pública inglesa axiu contra el, o que obrigou a Gladstone a pedirlle que abandonase a dirección do IPP, temendo perder as vindeiras eleccións xerais ás que concorrerían en coalición. Varios integrantes do partido, anoxados co seu líder, solicitaron a celebración dunha reunión de urxencia, que se celebraría o 1 de decembro de 1890 en [[Westminster]]. Intentouse chegar a un acordo que pasaba por unha renuncia só temporal de Parnell, pero el rexeitouno aducindo que a independencia do partido non se podía someterse nin a Gladstone nin á Igrexa. Esta falta de acordo provocou que 44 dos deputados asistentes á reunión abandonaran o IPP creando un novo partido, a Federación Nacional Irlandesa, que contou co apoio da xerarquía eclesiástica.
 
As perdas de apoio sucedéronse, o que non evitou que casase con Katharine o 25 de xuño de 1891. Perdeu tres eleccións locais seguidas, ao tempo que a súa saúde se deterioraba cada vez máis. Padecía doenzas coronarias e renais. Finalmente, finou dun [[infarto]] o 6 de outubro.